O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 2 de abril de 1978 no circuíto de Long Beach en California. Foi a cuarta carreira da tempada de .
Resumo Carlos Reutemann logrou o liderado a metade da carreira cando o Ferrari do seu compañeiro Gilles Villeneuve, estrelouse, e gañou por once segundos. Foi a segunda vitoria americana para o arxentino, que tamén gañou con Brabham en Watkins Glen en 1974. O americano Mario Andretti terminou en segunda posición.
No inicio do fin de semana, aínda que só 22 coches podían partir da grella, había 30 participantes, o que requiriu unha hora de sesión de precualificación o venres pola mañá para os oito membros non FICA. Destes oito, os catro máis rápidos uniríanse o resto dos pilotos na clasificación para un dos 22 postos de partida.
Niki Lauda, que colocara o seu Ferrari na pole para a carreira do ano anterior, estableceu de novo o ritmo inicial, esta vez nun Brabham. Pero, a última hora da sesión da mañá do venres, Reutemann logrou a mellor marca cun 1:20.99 e finalmente logrou a mellor do día con 1:20.636. Como era habitual en Long Beach, varios pilotos romperon a súas caixas de cambio, e o sábado, aínda que o clima era mellor, ninguén foi capaz de mellorar o tempo de Reutemann. As tres primeiras filas da grella definitiva foron ocupadas por tres equipos, xa que Villeneuve completou a primeira fila para os Ferrari, os pilotos do equipo Brabham Lauda e John Watson foron terceiro e quinto, e os de Lotus, Andretti e Ronnie Peterson foron cuarto e sexto.
Un fermoso día e 75.000 afeccionados presenciaron a carreira do domingo. A saída trasladarase desde diante dos boxes en Ocean Boulevard á curva "lineal" na liña de costa co fin de evitar outra montoneira na primeira curva. A estratexia pareceu funcionar, e todo o mundo pasou limpamente, aínda que freada no final da curva de John Watson polo interior fíxoo saír da pista e forzou a Reutemann a abrirse para esquivalo, así Villeneuve quedou na cabeza a medida que saían.
Logo dunha volta, a orde era Villeneuve, Watson, Lauda, Reutemann, Andretti, Alan Jones, James Hunt e Peterson. Na cabeza dun Gran Premio por primeira vez, Villeneuve conducía magnificamente, e comezou a ampliar a súa vantaxe. Na sexta volta, Hunt golpeou o muro no ápice da última curva antes da recta de boxes e golpeou a súa roda dianteira dereita. Tres voltas despois, Watson retirouse da segunda posición co motor roto. Andretti caeu de novo ao cuarto posto, logo de elixir mal os seus pneumáticos Goodyears e Jones estábase acercándose a el rapidamente. Na volta 19, o Williams pasouno e saíu tras Reutemann.
Villeneuve tiña unha vantaxe de dous segundos e Reutemann estaba empuxando duro a Lauda polo segundo lugar. De súpeto, na volta 28, o Brabham saíu recto na curva un, coma se fallaran os freos. Lauda detívose sen perigo , pero, saíu e quitouse o casco. Un fallo eléctrico apagara o motor. Mentres tanto, Jones alcanzara a Reutemann, e os tres primeiros estaban separados por só 2´5 segundos.
Na volta 39, xusto antes da metade da carreira, Villeneuve chegou a dobrar a Clay Regazzoni, quen se atopaba nunha batalla con Jean-Pierre Jabouille de Renault. En lugar de esperar ata a recta, o canadense tratou de adiantalo na sección revirada que conduce a Ocean Boulevard. Simplemente non había espazo, e cando Regazzoni freou antes do esperado por Villeneuve, a roda dianteira dereita do Ferrari golpeou a parte traseira esquerda do Shadow e saíu lanzado contra a parede. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.
Isto deixou a Reutemann á cabeza, por diante de Jones, cunha gran brecha sobre Andretti. Volta tras volta, Jones perseguiu a Reutemann, pero o Ferrari era demasiado rápido nas rectas para podelo adiantar. Por na volta 47, con Jones na cola do Ferrari, as ás dianteiras da Williams estrañamente colapsáronse, como resultado dun fallo de fabricación. Jones continuou a batalla, pero comezou a perder ao redor dun segundo por volta. Para aumentar a desgraza do australiano, a presión do combustible comezou a fallar.marchaba a tiróns como se o motor cuspira, e ás veces, cortaba por completo. Pasárono un coche tras outro, o Williams caeu ata o oitavo lugar. A consecución da volta rápida na volta 27 e o adiantamento a Emerson Fittipaldi na última volta, logrando o sétimo lugar foron os seus únicos consolos logo dunha pilotaxe espectacular.
Reutemann cruzou á meta, mantendo once segundos de diferenza sobre Andretti, quen tiña un coxín similar sobre Patrick Depailler terceiro.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Carlos Reutemann Ferrari 80 1:52:01.301 1 9 2 5 Mario Andretti Lotus-Ford 80 +11.061 segs 4 6 3 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 80 +28.951 segs 12 4 4 6 Ronnie Peterson Lotus-Ford 80 +45.603 segs 6 3 5 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 80 +1:22.884 14 2 6 35 Riccardo Patrese Arrows-Ford 79 +1 volta 9 1 7 27 Alan Jones Williams-Ford 79 +1 volta 8 8 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 79 +1 volta 15 9 36 Rolf Stommelen Arrows-Ford 79 +1 volta 18 10 17 Clay Regazzoni Shadow-Ford 79 +1 volta 20 11 10 Jean-Pierre Jarier ATS-Ford 75 +5 voltas 19 12 8 Patrick Tambay McLaren-Ford 74 Accidente 11 Ret 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 59 Accidente 10 Ret 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 50 Transmisión 17 Ret 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 43 Turbo 13 Ret 12 Gilles Villeneuve Ferrari 38 Accidente 2 Ret 1 Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 27 Encendido 3 Ret 3 Didier Pironi Tyrrell-Ford 25 Caixa de cambios 22 Ret 37 Arturo Merzario Merzario-Ford 17 Caixa de cambios 21 Ret 9 Jochen Mass ATS-Ford 11 Freos 16 Ret 2 John Watson Brabham-Alfa Romeo 9 Caixa de cambios 5 Ret 7 James Hunt McLaren-Ford 5 Accidente 7 NTS 18 Rupert Keegan Surtees-Ford Accidente na práctica NTS 16 Hans Joachim Stuck Shadow-Ford Accidente na práctica NSC 30 Brett Lunger McLaren-Ford NSC 22 Lamberto Leoni Ensign-Ford NSCP 32 Keke Rosberg Theodore-Ford NSCP 25 Héctor Rebaque Lotus-Ford NSCP 39 Danny Ongais Shadow-Ford NSCP 24 Derek Daly Hesketh-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Carlos Reutemann 18 2 Mario Andretti 18 3 Ronnie Peterson 14 4 Patrick Depailler 14 5 Niki Lauda 10
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Lotus-Ford 27 2 Ferrari 18 3 Tyrrell-Ford 15 4 Brabham-Alfa Romeo 14 5 Fittipaldi-Ford 6
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Líderes por volta: Gilles Villeneuve 38 voltas (1-38); Carlos Reutemann 42 voltas (39-80). Keegan e Stuck lograron os tempos 22º e 23º máis rápido na cualificación, pero non puideron estar na grella debido aos accidentes na práctica. Pironi, que era o 24º , entrou na grella, evitando a vergonza de converterse no primeiro piloto que non cualificará un coche oficial de Tyrrell. A vitoria levou a Reutemann a empatar con Andretti na clasificación logo de só catro carreiras, pero Mario lograría seis vitorias e o campionato co Lotus 79 antes de que o campionato volvera a América en Watkins Glen no outono. Rob Walker (xullo de 1978). "3rd United States Grand Prix West: Road Show". Road & Track, 135-140.
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1978 Categoría:Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de Fórmula 1