Manfred Mayrhofer, nado en Linz o 26 de setembro de 1926 e finado en Viena o 31 de outubro de 2011 foi un indoeuropeísta austríaco que se especializou nas linguas indoiranias. Traballou como profesor emérito na Universidade de Viena. É coñecido polo seu dicionario etimolóxico de sánscrito. Traxectoria Mayrhofer naceu en Linz e estudou lingüística indoeuropea e semítica e filosofía na Universidade de Graz, onde recibiu o seu Ph.D. en 1949. Desde 1953 a 1963 ensinou na Universidade de Würzburg, e desde 1963 ata 1966 foi profesor na Universidade de Saarland. En 1966 volveu a Austria, servindo como profesor na Universidade de Viena ata a súa xubilación en 1990. Morreu en Viena aos 85 anos.Mein Leben . Consultada o 25-2-2014. Obras 1953 – Sanskrit-Grammatik, en inglés A Sanskrit Grammar (2003), ISBN 0-8173-1285-4. 1966 – Die Indo-Arier im alten Vorderasien (Wiesbaden) 1976 – Kurzgefasstes Etymologisches Wörterbuch des Altindischen, 4 vols., ISBN 0-8288-5722-9. 1977 – Die avestischen Namen, IPNB I/1 (Viena). 1978 – Sanskrit-Grammatik mit sprachvergleichenden Erläuterungen (1978), ISBN 3-11-007177-0. 1979 – Die altiranischen Namen (Viena), ISBN 3-7001-0300-X. 1979/1996 – Ausgewählte kleine Schriften, ISBN 3-88226-038-6. 1982 – Sanskrit und die Sprachen Alteuropas (Göttingen) 1986 – Indogermanische Grammatik, vol. 1: Lautlehre (Heidelberg) (con Jerzy Kuryłowicz e Calvert Watkins), ISBN 3-533-03487-9 1986–2001 – Etymologisches Wörterbuch des Altindoarischen, 3 vols. (Heidelberg), ISBN 3-533-03826-2. 2004 – Die Hauptprobleme der indogermanischen Lautlehre seit Bechtel (Viena), ISBN 3-7001-3250-6 2005 – Die Fortsetzung der indogermanischen Laryngale im Indo-Iranischen (Viena), ISBN 3-7001-3476-2 2006 – Einiges zu den Skythen, ihrer Sprache, ihrem Nachleben (Viena), ISBN 3-7001-3731-1 2009 – Indogermanistik: Über Darstellungen und Einführungen von den Anfängen bis zur Gegenwart (Viena), ISBN 3-7001-6603-6

Condecoracións e premios 1982: Premio da Cultura da provincia de Alta Austria. 1986: Condecoración austríaca para a Ciencia e a arte 1988: Premio Wilhelm Hartel. 2004: Premio Cardinal Innitzer.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web persoal.

Categoría:Nados en Linz Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Lingüistas da lingua sánscrita Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias