La Concordia foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1902 e 1903. Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu en maio de 1902.El Norte de Galicia, 6-5-1902, p. 2. Dirixido por Ramón Álvarez García, o redactor e administrador era José Ramón Lence. Publicaba información local, pero tamén de fora da bisbarra e sobre todo de ultramar; dedicaba moito espazo ás notas de sociedade. Contiña as seccións La Semana, Croniquilla, Del Consistorio e Anuncios Telegráficos. Trala morte do seu director en xaneiro de 1903, cesou a súa publicación en febreiro dese ano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos

Categoría:1902 en Galicia