O Aeroporto Internacional de Auckland é o aeroporto internacional máis grande e importante de Nova Zelandia, servindo a máis de 12 millóns de pasaxeiros por ano, e espérase que esta cantidade se duplique nos próximos 15 anos. Atópase en Mangere, un suburbio ao oeste de Manukau City, e está a 21 km cara ao sur do centro de Auckland. É a base de operacións principal da compañía neozelandesa Air New Zealand.

O Aeroporto Internacional de Auckland é unha das obras máis importantes de infraestrutura de Nova Zelandia, provendo miles de postos de traballo para a rexión. É ademais o segundo "porto" de cargas do país por valor, contribuíndo con preto de 14 $billóns á economía.

En termos de total de pasaxeiros, é o cuarto máis grande en Australasia, por detrás do Aeroporto Internacional Kingsford Smith (Sydney), do Aeroporto de Melbourne e do Aeroporto de Brisbane.

O aeroporto cobra unha taxa para a mellora do Aeroporto.

Historia O terreo do aeroporto foi utilizado como como pista polo Auckland Aero Club. En 1928 o club arrendar parte do terreo dun granxeiro para acomodar os tres De Havilland Gypsy Moth. O presidente do club notou no seu momento que o lugar tiña moitas vantaxes de vital importancia para un aeródromo e pista de adestramento. Tiña bos accesos, con bo drenaxe e está libre de cables de alta tensión, edificios e néboa.

En 1960 iniciáronse as obras para transformar o lugar no aeroporto principal de Auckland, desprazando a Whenuapai, no noroeste da cidade. A maior parte da pista está sobre terra gañada ao mar no Porto de Manukau. O primeiro voo realizouno un DC-8 de Air New Zealand en novembro de 1965, engalando cara a Sydney. O aeroporto foi oficialmente inaugurado ao seguinte ano, cun grande espectáculo ao aire libre durante a semana do Aniversario de Auckland, do 29 ao 31 de xaneiro de 1966.

Unha nova terminal internacional, nomeada en homenaxe a Jean Batten, foi construída en 1977. A máis recente reforma significativa realizouse no 2005, separando aos pasaxeiros que chegaban e partían do aeroporto.

Actualmente, no aeroporto estase levando a cabo unha serie de importantes proxectos de construción, os cales mostrarán importantes cambios, incluíndo unha segunda pista apropiada (xa que a existente utilízase como pista de rodaxe principal, e a súa utilización limítase a urxencias ou cando se realizan traballos de mantemento na pista principal.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Outros artigos Auckland Ligazóns externas Sitio Web do Aeroporto Internacional de Auckland Detalles do aeroporto

Categoría:Aeroportos de Nova Zelandia