Thelma Booth Ford, nada en Nova York o 30 de agosto de 1898 e finada en North Chatham, Massachusetts o 16 de outubro de 1992 foi unha actriz estadounidense de teatro, televisión, radio e cinema.
Traxectoria Comezou a súa carreira interpretativa na adolescencia. Debutou en Broadway en 1925, onde participou en dramas, comedias e musicais, traballando con actores como Katharine Hepburn e Ralph Bellamy. Durante os anos corenta tamén actuou na radio.
En 1950 gañou o Tony á mellor actriz por Come Back, Little Sheba. Cando dous anos despois se fixo a versión cinematográfica da obra, gañou o Oscar á mellor actriz entre outros premios. A pesar do éxito seguiu no teatro e só interveu noutros catro filmes.
A partir de 1961 protagonizou a serie televisiva Hazel. Retirouse en 1974.
Filmografía Ano Filme1952Come Back, Little Sheba1953Main Street to Broadway1954About Mrs. Leslie1958Hot SpellThe Matchmaker
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
shirleybotth.info
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1992