Vicente Otero Cao, nado na Maciñeira Pequena (O Burgo, Muras) o 9 de febreiro de 1890 e finado en Vilalba o 4 de decembro de 1972, foi un escritor e historiador galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba sendo mozo e case analfabeto en 1905. Traballou como dependente de comercio na Habana e Matanzas. Formouse na illa e publicou poemas e colaboracións en Diario Español, La Antorcha Gallega, Galicia, Suevia, La Alborada, Vivero en Cuba e Pro-Galicia. Foi correspondente en Cuba de Heraldo de Vivero, El Eco Murense e El Progreso Murés. Formou parte da directiva da Sociedade Vivero y su Comarca e dirixiu un tempo Vivero en Cuba. Foi secretario de propaganda da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.

En 1916 regresou a Galicia e instalouse en Vilalba onde abriu un comercio. Foi secretario da Unión Comercial Villalbesa e formou parte da ORGA vilalbesa cando se constituíu en 1930. Na Segunda República militou no Partido Republicano Gallego e foi fundador e administrador de Faro Villalbés. En 1934 foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Vilalba.Izquierda Republicana. Galicia Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto, pero foi posto en liberdade o 8 de decembro. No franquismo foi correspondente de La Voz de Galicia en Vilalba. Finou en Vilalba o 4 de decembro de 1972.La Voz de Galicia, 5-12-1972, p. 14.

Obras Apuntes históricos de la Comarca de Muras, 1953. Pazos señoriales, castillos y fortalezas de la jurisdicción, 1958. Villalba y su Jurisdicción. Paginas historicas, 1958-1963. Páginas del deporte villabés: desde el año 1925 al 1966, 1966.

Vida persoal Casou en Santa María do Burgo (Muras) con Josefa Bouza Vellas en 1917.El Progreso, 18-9-1917, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Muras Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes