A biliverdina é un pigmento biliar tetrapirrólico de cor verde produto do catabolismo do grupo hemo, o cal procede principalmente da proteína sanguínea hemoglobina.Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3Mosqueda L, Burnight K, Liao S (2005). "The Life Cycle of Bruises in Older Adults". Journal of the American Geriatrics Society. 53(8):1339-1343. É o pigmento responsable da cor verdosa que se observa ás veces en mazaduras ou negróns.

Metabolismo miniatura|250px|esquerda|Metabolismo do hemo. A biliverdina orixínase pola degradación do grupo hemo da hemoglobina dos eritrocitos. Os macrófagos fagocitan os restos dos eritrocitos senescentes e degradan o hemo a biliverdina, a cal normalmente se reduce rapidamente a bilirrubina libre. A biliverdina pode verse brevemente nalgúns negróns, xa que lles dá un ton verdoso, pero pouco despois convértese en bilirrubina e a cor cambia a amarelada.

Papel en enfermidades Os pacientes de doenzas hepáticas presentan no seu sangue un exceso de biliverdina. A ictericia é causada pola acumulación de biliverdina ou bilirrubina (ou de ambas as dúas) no sistema circulatorio e tecidos. A pel e esclerótica do ollo con ictericia son características da insuficiencia hepática.

Tratamento de enfermidades Aínda que normalmente a biliverdina se considera simplemente un produto residual da degradación do hemo, hai probas crecentes que suxiren que a biliverdina (e outros pigmentos) ten unha función fisiolóxica nos humanos.

Os pigmentos biliares como a biliverdina posúen naturalmente significativas propiedades antimutaxénicas e antioxidantes e, xa que logo, desempeñan funcións fisiolóxicas útiles. A biliverdina e a bilirrubina son potentes eliminadores de radicais peroxil. Tamén inhiben os efectos dos hidrocarburos aromáticos policíclicos, aminas heterocíclicas, e oxidantes, todos os cales son mutáxenos. En diversos estudos atopouse que as persoas con altas concentracións de bilirrubina e biliverdina nos seus corpos teñen unha baixa frecuencia de cancro e doenzas cardiovasculares.

Un estudo de 1996 de McPhee et al. indicou que a biliverdina, igual que moitos outros pigmentos tertrapirrólicos, pode funcionar como un inhibidor da protease do VIH-1. Dos quince compostos comprobados neste estudo, a biliverdina foi un dos máis activos. Os experimentos in vitro mostraron que a biliverdina e a bilirrubina inhibían competitivamente as proteases do VIH-1 a concentracións micromolares baixas, reducindo a infectividade viral. Porén, cando se comproban en cultivo celular con concentracións micromolares, a biliverdina e a bilirrubina reducían a infectividade ao bloquearen a entrada viral nas células. Os resultados foron similares co VIH-2 e o SIV. Serán necesarias máis investigacións para confirmar estes resultados, e para determinar se a hiperbilirrubinemia non conxugada ten algún efecto sobre a progresión da infección por VIH/SIDA.

Certas investigacións actuais suxiren que as propiedades antioxidantes da biliverdina e outros pigmentos biliares poden tamén ter un efecto beneficioso sobre a asma. Isto débese a que o estrés oxidativo pode xogar un papel fundamental na patoxénese da asma. Un estudo de 2003 encontrou que os pacientes de asma que presentaban ictericia producida por unha hepatite B aguda experimentaban un alivio temporal dos síntomas da asma. Porén, podería deberse tamén a outros factores como os elevados niveis de cortisol e epinefrina (noradrenalina), polo que haberá que investigar máis esta posibilidade.

En animais non humanos A biliverdina é un importante compoñente das cascas dos ovos das aves. Atópase unha cantidade significativamente maior de biliverdina nas cascas de ovos azuis que nas de ovos castaños. A biliverdina das cascas de ovos prodúcese na glándula da casca, e non da degradación de eritrocitos no torrente sanguíneo. A presenza de biliverdina nas cascas de ovos pode ser un indicador do bo estado da femia, e probablemente ten un significado evolutivo.

Ademais da súa presenza nas cascas de ovos de aves, a biliverdina está tamén presente no sangue azul-verdoso de moitos peixes mariños, no sangue da eiruga do tabaco Manduca sexta, nas ás de avelaíñas e bolboretas, no soro e os ovos das ras, e na placenta dos cans. No peixe Belone belone (agulla) e outras especies relacionadas, os ósos son verdes brillantes a causa da biliverdina.

A biliverdina está tamén presente no sangue verde, músculos, ósos, e cuberta mucosa dos escíncidos do xénero Prasinohaema, que viven en Nova Guinea. Non hai certeza sobre se esta presenza de biliverdina é unha adaptación fisiolóxica ou ecolóxica ou non. Suxeriuse que a acumulación de biliverdina podería deter as nocivas infeccións dos plasmodios parasitos da malaria, aínda que non se estableceu unha correlación estatisticamente significativa.Austin C, Perkins S (2006). "Parasites in a biodiversity hotspot: a survey of hematozoa and a molecular phyolgenetic analysis of plasmodium in New Guinea skinks". Journal of Parasitology 92(4):770-777. A ra de Camboxa Chiromantis samkosensis tamén mostra este carácter xunto con ósos de cor turquesa.

En imaxes de fluorescencia A biliverdina empregouse en complexo cun fitocromo bacterino modificado por enxeñaría como un cromóforo emisor de radiación infravermella para obter imaxes in vitro. A diferenza das proteínas fluorescentes, que forman os seus cromóforos por modificación postraducional da cadea polipeptídica, os fitocromos únense a un ligando externo (neste caso, biliverdina), polo que para obter imaxes con éxito da primeira sonda baseada en bacteriofitocromo requírese a adición de biliverdina exóxena. Recentes estudos demostraron que as proteínas fluorescentes baseadas no bacteriofitocromo con alta afinidade pola biliverdina poden ser visualizadas in vivo utilizando só ligandos endóxenos e, así, teñen a mesma facilidade de uso que as proteínas fluorescentes convencionais. Coa posta a punto dunha segunda e posteriores xeracións de sondas baseadas en bacteriofitocromos que se unen á biliverdina deberían ampliarse as posibilidades de obter imaxes in vivo de maneira non invasiva.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bilirrubina Hemo Estercobilina Urobilina

Ligazóns externas Explicación da ictericia do neonato en NHS

Categoría:Tetrapirrois Categoría:Pigmentos biolóxicos