Urban Trad é un grupo belga fundado no ano 2000, que interpreta música baseada nos sons tradicionais dos folcores europeos, predominando a música celta. Un dos seus membros, Verónica Codesal, é unha cantante galega filla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica. As seccións rítmicas modernas, ó tempo que o rock e música electrónica, achegan o toque actual ás súas composicións.

Urban Trad representou a Bélxica no Festival de Eurovisión 2003 con Sanomi, unha canción interpretada nunha lingua imaxinaria. Esta permitiulles non ter que escoller entre as linguas nacionais de Bélxica (francés, neerlandés e alemán). Con Sanomi, o grupo acadou a segunda posición no certame celebrado en Riga (Letonia), a só dous puntos do gañador dese ano, Turquía.

Membros Yves Barbieux: frautas e gaita Verónica Codesal: voz Soetkin Collier: voz Sophie Cavez (anteriormente Didier Laloy): acordeón diatónico Philip Masure: guitarra acústica Michel Morvan: Tambores (finado o 3 de xullo de 2010) Dirk Naessens: violín Marie-Sophie Talbot: voz, piano e percusión Cedric Waterschoot: baixo

Discografía Álbums de estudio AnoTítuloClasificación 2001One O Four - 2003Kerua 4 2004Elem 47 2007Erbalunga 32

Compilacións AnoTítuloClasificación 2010Urban Trad : The Best Of -

Categoría:Grupos musicais de Bélxica Categoría:Grupos musicais formados en 2000 Categoría:Representantes de Bélxica en Eurovisión Categoría:Participantes en Eurovisión 2003