María Ramona Gómez Iglesias, nada en Ourense en 1961, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada en Filosofía pola UNED en 2006 coa tese La enseñanza de la virtud en el Protágoras platónico. Catedrática de educación secundaria. Especialista de alumnos de altas capacidades, traballa no Equipo de Orientación específico da Consellería de Educación en Ourense. É autora de El Logos Enamorado: Homosexualidad y Filosofía en la Grecia Antigua, un estudo sobre as relacións entre a filosofía e o Eros no pensamento grego, fundamentalmente nos diálogos platónicos; o capítulo "Echoes of Eleusis: Love and Initiation in the Platonic Philosophy" do libro Greek Philosophy and Mistery Cults; os poemarios Como un collar que podría ser de muerte e Espejos de Hamlets amarillos e contos en volumes colectivos.

Obras El logos enamorado. Homosexualidad y filosofía en la Grecia antigua, 2012. Como un collar que podría ser de muerte, 2010. Espejos de Hamlets amarillos, 2019. A las p.... de Tarantino. Poemario inédito. Amar a un n... Novela inédita. Triloxía. Obras colectivas "Echoes of Eleusis: Love and Initiation in the Platonic Philosophy" en Greek Philosophy and Mistery Cults, 2016. Premios XV Certame internacional de poesía María del Villar (2010). XVI Edición Certame de relatos da Fundación Gaceta de Salamanca (2011). I Premi ex novo literari de conte de temàtica històrica. Facultat de Geografia i Història. Universitat de Barcelona (2010). Relato breve da UNED de Mérida (2013). Concurso de poesía elcercano (2019).

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes