Frederick George Peter Ingle Finch, nado en Londres o 28 de setembro de 1916 e finado en Beverly Hills (California) o 14 de xaneiro de 1977 foi un actor australiano.

Traxectoria Nado en Londres, viviu en distintos lugares ata que o marido da súa nai, o químico australiano George Finch, o enviou ao seu país en 1926. Comezou a súa carreira de actor no teatro en 1933, para logo pasar a participar en dramas radiados. Pouco despois interveu nos seus primeiros filmes.

En 1941 alistouse no exército e participou na segunda guerra mundial. Durante a guerra puido seguir actuando en películas de propaganda.

En 1948 marchou ao Reino Unido, traballando no teatro con Laurence Olivier e Vivien Leigh. Converteuse en estrela do cinema con Historia dunha monxa. Finou en 1977, tempo no que estaba a promover o filme Network. Pouco despois da súa morte anunciouse a súa candidatura ao Oscar ao mellor actor, sendo o primeiro intérprete que gañou o premio de forma póstuma.

Filmografía AnoFilme1935 The Magic Shoes1938 Dad and Dave Come to Town1939 Mr. Chedworth Steps Out1941 The Power and the Glory1944 The Rats of Tobruk Red Sky at Morning 1946 A Son Is Born1949 Train of Events Eureka Stockade1950 The Miniver Story The Wooden Horse1952 The Story of Robin Hood and His Merrie Men1953 The Heart of the Matter The Story of Gilbert and Sullivan1954 Father Brown Elephant Walk Make Me an Offer1955 Josephine and Men Passage Home Simon and Laura The Dark Avenger1956 The Battle of the River Plate A Town Like Alice1957 Windom's Way Robbery Under Arms The Shiralee1959 Historia dunha monxa Operation Amsterdam1960 The Trials of Oscar Wilde Kidnapped The Day1961 No Love for Johnnie The Sins of Rachel Cade1962 I Thank a Fool1963 In the Cool of the Day1964 Girl with Green Eyes The Pumpkin Eater1965 The Flight of the Phoenix1966 10:30 P.M. Summer Judith 1967 Far from the Madding Crowd1968 The Legend of Lylah Clare1969 The Greatest Mother of Them All The Red Tent1971 Sunday Bloody Sunday1972 Something to Hide1973 England Made Me Bequest to the Nation Lost Horizon1974 Abdicación1976 Network1977 Raid on Entebbe

Véxase tamén

Ligazóns externas

Peter Finch no National Film and Sound Archive de Australia. Peter Finch en This Is Your Life Australian Screen Online Finch en Mr. Chedworth Steps Out

Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de teatro de Australia Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Óscar ó mellor actor