Arturo Fariña Díaz, nado en Pontevedra en 1873 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1926"Arturo Fariña Díaz" en El Progreso, 18-5-1926, p. 3., foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Tipógrafo, instalou unha imprenta en Vigo. Militou no Partido Republicano. Fundou e dirixiu o periódico La Lucha en Vigo en 1898."D. Arturo Fariña Díaz" en La Libertad, 20-5-1926, p. 3. Foi procesado en febreiro de 1907 a instancias do bispo de Tui. En 1909 iniciou a publicación de Galicia Deportiva. Colaborou en Germinal.
Vida persoal
Casou con Peregrina Barros Martínez, irmá de Benigno e Cándido Barros Martínez e foi pai de Arturo, Antonio e Emma Fariña Barros. Notas
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos