Cerceda-Meirama é unha estación de tren de Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 431,1 da liña férrea que une Zamora e A Coruña a 256 metros de altitude,Ordes (Est.) Euroferroviarios, entre as estacións de Uxes e Ordes. Atópase nunha variante do trazado orixinal froito das obras do eixe atlántico de alta velocidade entre A Coruña e Santiago de Compostela.

Historia A estación foi inaugurada en 2009 substituíndo á antiga estación de Cerceda e ao resto de estacións do concello que se construíron en 1943 no trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña entre Santiago de Compostela e A Coruña.

Entre 2011 e 2017 a estación acusou descenso dun 51% no número de viaxeiros. centro|miniatura|300x300px|Obras de construción da estación, co desvío cara á antiga liña Zamora - A Coruña e primeiro plano.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe MD A Coruña <> Santiago de CompostelaVigo-Urzáiz 1 MD A Coruña <> Santiago de CompostelaVigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eixe atlántico de alta velocidade Ligazóns externas Información de saídas e chegadas na web de Adif

Cerceda-Meirama Categoría:Cerceda