Os luceiros, barbas de vello, barbas de ouro, damas do bosque<ref>Nomes vulgares galegos en "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 e Gran dicionario Xerais da lingua galega' Vigo, Xerais, 2009</ref>, (Nigella damascena), chamada en inglés: love in the mist (amor na brétema) ou devil in the bush (demo no mato) é unha planta anual de xardín cultivada polas súas flores, que pertence á familia Ranunculaceae. Toda a planta é tóxica.

Descrición Os seus sépalos - moito máis grandes e coloreados que os seus pétalos - poden ser brancos, rosados, azuis ou violetas claros. Cultivada para a decoración ou arranxos florais, obténdose cores moi variadas e impresionantes. Florea de maio a xullo.

Hábitat e distribución É nativa do sur de Europa, propia da zona mediterránea e macaronésica, aparece na cornixa cantábrica procedente de cultivos. Tamén se poden atopar, aínda que de maneira escasa en países ao norte de Europa, norte de África e suroeste de Asia. Comunmente tamén medra nos xardíns de América do Norte.

Medra silvestre en sitios anegados. Cultivada como ornamental, aparece en ocasións asilvestrada en gabias, bermas, beirís de camiños e zonas alteradas. miniatura|250px miniatura|250px|Cápsula.

Sinónimo Nigella taurica Steven Nigella damascena var. coarctata W.T.Aiton Nigella damascena subsp. minor (Boiss.) A.Terracc. Nigella bourgaei Jord. Melanthium damascenum (L.) Medik. Nigella multifida Gaterau Nigella involucrata Moench Nigella elegans Salisb. Nigella caerulea Lam. Erobatos damascenum (L.) SpachSinónimos en Tela Botánica Nigella arvensis var. minor Boiss. Nigella arvensis var. oligogyna Caball. Nigella bourgaei'' Jord.Sinónimos en Real Jardín Botánico

Notas

Véxase tamén

Referencias

Ligazóns externas

http://www.botanical-online.com/fotosnigelladamascena.htm#castella1

Categoría:Nigella Categoría:Flora da conca mediterránea