José Luis Vázquez Platas, nado en Santa María de Ois (Coirós) en 1949José Luis tiña 31 anos cando faleceu http://www.rtve.es/memoriadevida/detalle.php?id=295 e finado o 4 de outubro de 1980 en Agurain (Áraba), foi un garda civil galego, falecido en atentado.
Traxectoria Incorporado ao servizo da Garda Civil, ascendeu a cabo primeiro e foi destinado a Vitoria. O 4 de outubro de 1980 foi encargado de escoltar o percorrido dunha proba ciclista en Salvatierra. Alí foi tiroteado por un grupo de persoas pertencentes a ETA. Canda el faleceron dous gardas civís máis, un deles o sobradés Ángel Prado MellaEmotivo homenaje al guardia civil de Ois asesinado por ETA en 1980, La Voz de Galicia. Polo seu atentado foron xulgados e condenados dous homes. Crese que no atentado participaron tamén outras tres persoas que, ou ben faleceron, ou ben aínda non foron xulgadasAraluce, su chófer y escoltas, y tres guardias civiles asesinados en Salvatierra . Libertad Digital.
Foi inicialmente soterrado en Mieres, e trasladado posteriormente ao camposanto de Santa María de Ois, onde hai unha placa na súa memoriaCoirós recuerda a su mártir, La Voz de Galicia.
Vida persoal Casado, tivo unha filla.
Notas
Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Coirós Categoría:Finados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes