William Joseph Shields, coñecido como Barry Fitzgerald, nado en Dublín o 10 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1961 foi un actor irlandés.

Traxectoria Irmán máis vello do actor Arthur Shields, comezou a dedicarse exclusivamente á interpretación a partir de 1929. Marchou a Hollywood a traballar co que fora o seu compañeiro de cuarto, Sean O’Casey en The Plough and the Stars, dirixido por John Ford.

A partir de aí tivo unha carreira de éxito no cinema, que o levou a gañar o Oscar ó mellor actor secundario en 1944 por Going My Way. Polo mesmo papel foi candidato como mellor actor protagonista, situación que só se deu nesa edición porque a Academia decidiu cambiar as regras de votación para os Oscar.

Volveu a Irlanda en 1959.

Filmografía Ano Filme 1929The Shame of Mary Boyle 1930Juno and the Paycock 1935 Guests of the Nation 1936The Plough and the Stars 1937Ebb Tide 1938Domando a fera Four Men and a Prayer The Dawn Patrol 1939Pacific Liner The Saint Strikes Back Full Confession 1940The Long Voyage Home San Francisco Docks 1941The Sea Wolf Que verde era o meu val Tarzan's Secret Treasure 1943The Amazing Mrs. Holliday Corvette K-225 Two Tickets to London1944Going My Way I Love a Soldier None but the Lonely Heart 1945Incendiary Blonde Duffy's Tavern And Then There Were None The Stork Club 1946Two Years Before the Mast 1947California Easy Come, Easy Go Welcome Stranger Variety Girl1948The Naked City The Sainted Sisters Miss Tatlock's Millions 1949Top o' the Morning The Story of Seabiscuit 1950Union Station 1951Silver City 1952Ha da venì... don Calogero! O home tranquilo 1954Tonight's the Night 1956The Catered Affair 1958Rooney 1959Broth of a Boy

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Fotografías de Ned Scott.

Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1961