O Acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán (chinés: 海峽兩岸服務貿易協議 pinyin: Hǎixiá Liǎng'àn Fúwù Màoyì Xiéyì) é un acordo asinado entre a China continental e Taiwán que ten como obxectivo reducir as barreiras económicas e comerciais entre os dous territorios e é produto dun acordo xeral de comercio preferencial entre os dous países asinado en xuño de 2010 en Chongqing.

Contexto O acordo asinárono dúas organizacións semioficiais dedicadas ás relacións comerciais entre dous territorios o 21 de xuño de 2013 en ShanghaiChristophe Jqffrelot,La frontière sino-taiwanaise"CERISCOPE", 21/03/2014. O 18 de marzo de 2014, centos de estudantes taiwaneses ocuparon o Parlamento de Taiwán cando este ía referendar o acordo.

Acordo O acordo consiste en catro capítulos e 24 artigos, e abre 64 sectores económicos taiwaneses aos investimentos da China continental a cambio da apertura de 80 sectores chineses Taipei Times, SERVICES PACT: TSU knocks cross-strait service trade agreement, 23 de xuño de 2013.

Reacción en Taiwán

O 18 de marzo de 2014 varios centos de mozos taiwaneses ocuparon o hemiciclo do parlamento taiwanés, manifestándose contra a aprobación do acordo polo lexislativo Brice Pedroletti,A Taipei, l'accord de libre-échange sino-taïwanais provoque la colère des étudiants"Le Monde", 20/03/2014, considerando que o acordo prexudica a economía de Taiwán deixándoa vulnerable ás presións políticas de Pequín

Notas

Categoría:Tratados Categoría:Economía da China Categoría:Economía de Taiwán Categoría:Relacións internacionais da China Categoría:Relacións internacionais de Taiwán