Antonio Taboada Nieto, nado en Pontevedra en 1869 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 1943, foi un músico galego.
Traxectoria Quedou cego moi novo. Estudou piano, frauta, harmonía e composición. Dirixiu grupos orquestrais de música clásica e foi mestre de capela. Colaborou co doutor Mascaró creando un sistema mixto de escritura para cegos e videntes. Como compositor é autor da zarzuela Los hijos de Minerva e outras obras en diversos xéneros musicais.
Recoñecementos A Deputación de Pontevedra creou en 1943 o premio Antonio Taboada Nieto para ampliación de estudos de piano. Vida persoal Casou con Francisca Tabanera Alén, finada en 1937, e foi pai de Antonio, Eusebio (mestre) Jesús (militar), Prudencio (comercial e membro da Asambreia de Mocedades Nacionalistas), Isidro (militar) e Francisca Taboada Tabanera (n. 1914).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes