O Castro de Donramiro é un castro situado na parroquia de Donramiro, no concello pontevedrés de Lalín, preto da vila homónima.

Descrición Situado a 590 msnm, está formado por tres recintos: dous antecastros e unha croa ou ourela. Esta última ten forma ovalada e delimítaa un terraplén polo lado oeste. Polo lado leste atópanse os dous antecastros, tamén delimitados por senllos terrapléns.

Na actualidade, atópanse instaladas na croa antenas de radio e telefonía, mentres que os antecastros foron vítimas de rebaixes de terra para acondicionar leiras ou soares para a construción.

Véxase tamén

Bibliografía Presas García, Antonio e García Porral, Xoan Carlos (2014): O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza. Faro de Vigo, 131 páxs. ISBN 978-84-616-7983-6.

Donramiro Categoría:Lalín sen imaxes