10199 Chariklo (designación provisional:) é o centauro máis grande do que se ten coñecemento. Orbita o noso Sol entre Saturno e Urano. O 26 de marzo do 2014, uns astrónomos anunciaron o descubrimento duns aneis ó redor de Chariklo grazas á observación dunha ocultación estelar.

Chariklo foi descuberta por James V. Scotti do programa Spacewatch o 15 de febreiro do 1997. Chariklo recibe o seu nome da ninfa Cariclo, a muller de Caronte e filla de Apolo.

Un estudo fotométrico do 2001 non foi incapaz de atopar un período definido de rotación. Observacións do espectro infravermello de Chariklo indican a presenza de xeo de auga, a cal podería estar localizada nos seus aneis. A páxina web de Mike Brown catalógao coma un posible candidato a planeta anano, cun diámetro de 232 km.

Tamaño

Se alguén sabe a magnitude absoluta (H) e o albedo dun obxecto, pode estima-lo seu tamaño. Pero coma os centauros son corpos semellantes ós cometas de xeo, os cales poden estar expulsando gas, fai moi difícil a estimación dos seus albedos. Ademais, é tamén probable que o albedo dalgúns centauros varíe co tempo e cos seus niveis de actividade.

Cunha magnitude absoluta (H) de 6,4 e un albedo de 0,06, Chariklo é actualmente a maior centauro coñecido cun diámetro estimado de 258 km. 2060 Chiron (230 km / H = 6,5 / albedo = 0,07) é probablemente o segundo máis próximo en tamaño. O centauro perdido (H = 6,0) podería ser incluso máis grande, cun diámetro estimado de case 300 km.

Órbita miniatura|left|Chariklo fica dentro das 0,09 UA, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano. Pénsase que os Centauros son orixinarios do cinto de Kuiper e que están en órbitas dinamicamente inestables, o cal vainos levar á expulsión do Sistema Solar, a acabar nun evento de colisión cun planeta ou co Sol, ou evolucionar cara a un cometa de período curto.

A órbita de Chariklo é máis estable cás de Nessus, Chiron, e Pholus. Chariklo está dentro das 0,09 AU, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano e estímase que leva nesta órbita uns 10,3 millóns de anos. Simulacións orbitais feitas con 20 ciclos da órbita de Chariklo, suxiren que Chariklo, a partir dos próximos 30 000 anos, non vai a achegarse con regularidade ás 3 UA (450Gm) de distancia respecto de Urano. (Solex 10) . Consultado o 10-05-2009.

Durante a súa oposición perihélica do 2003–4, Chariklo tivo unha magnitude aparente de +17,7. A partir 2012, Chariklo está a 14,1 UA respecto do Sol.

Aneis

Grazas a observación dunha ocultación estelar ocorrida no 2013, feita con sete telescopios diferentes, os astrónomos foron capaces de determinar que Chariklo ten polo menos dous aneis. Este descubrimento foi publicado na revista Nature. Isto fai de Chariklo o obxecto de menor tamaño que posúe aneis. Os aneis son probablemente confinados por lúas pastor que aínda non foron descubertas xirando ó redor de Chariklo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 37th DPS: Albedos, Diameters (and a Density) of Kuiper Belt and Centaur Objects AstDys orbital elements Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris Chariklo Photo (febreiro 1999) Chariklo's orbit between Saturn and Uranus. Demonstration of how centaur 10199 Chariklo is currently controlled by Uranus (Solex 10)

Chariklo