Laureano Veres Acevedo, nado en Ribadeo o 4 de xullo de 1844 e finado en Málaga o 30 de xaneiro de 1920, foi un relixioso galego.
Traxectoria Estudou no seminario de Mondoñedo e fixo Teoloxía en Vitoria e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tras ser ordenado sacerdote regresou a Ribadeo, e trala revolución de 1868 emigrou a Buenos Aires, onde foi profesor no Colegio Nacional e inspector escolar. Fundou La América del Sur, o primeiro periódico católico da Arxentina. En 1882 ingresou na Compañía de Xesús, e foi destinado a México, onde fundou varias congregacións e periódicos, e comezou a escribir sobre a historia daquel país. En 1908 foi nomeado bispo honorario de Nissa na igrexa da Trindade de Washington.
Obra Devocionario en obsequio de los devotos de la Madre Santísima de la Luz (1902). El santuario de la Bufa, Zacatecas. Historia de la sagrada imagen de Nuestra Señora del Patrocinio y cultos que se tributan desde el año de 1546 (1904).
Vida persoal
O seu sobriño Adrián Morado Veres foi médico en Bahía Blanca. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Xesuítas de España Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia