Alberto Armesto García, nado en Maceda o 18 de xaneiro de 1920, foi un político galego.

Traxectoria Era zapateiro. En 1935 ingresou na Juventud Comunista de Ourense, e cando en 1936 se formaron as Juventudes Socialistas Unificadas, foi o seu secretario de propaganda. Foi atendido dunha ferida na perna no Cuarto de Socorro de Ourense o 18 de xullo.El Pueblo Gallego, 19-7-1936, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido o 25 de decembro. Xulgado o 22 de novembro de 1937, foi condenado a 24 anos de prisión. En 1939 estaba preso na Prisión Provincial de Ourense"La fiesta del domingo en la Prisión Provincial" en La Región, 26-9-1939, p. 3. onde permaneceu até 1943. Intentou fuxir o 11 de setembro co médico Enrique Robles Soldevilla, e como castigo foi trasladado ao Penal de Castigo del Coto (Xixón). Estivo recluído no Penal del Coto ata que grazas ao indulto do 9 de outubro de 1945 saíu en liberdade provisional o 22 de novembro. Polas súas actividades políticas, foi decretada a súa detención o 15 de setembro de 1947. Fuxiu a Portugal a principios de outubro con Manuel López Santos e Francisco Doval Fernández. Detido, estivo preso no cárcere lisboeta de Forte de Caixas. Conseguiu o permiso para emigrar a Guatemala e en xuño de 1948 saíu para ese país vía Nova York e México. De alí pasou a Venezuela. As últimas novas que se teñen del sitúano como adiviño de certa fama no Perú.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Maceda Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes