300px|miniatura|Tártaro (esq.) loitando a cabalo contra un cosaco.
Os tártaros (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongol que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.
Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.
Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azerís ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).
A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.
O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.
Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.
O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba. 300px|miniatura|Distribución actual dos tártaros. Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos: Os Tártaros de Crimea, en Crimea, Ucraína, Bulgaria, Rusia, Lituania, Polonia, Romanía Turquía e Norteamérica. Os Tártaros do Cáucaso. Os Tártaros de Siberia.
Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua tártara Tatarstán Tartaria Tártaros de Crimea Tártaros de Kazán Tártaros de Lipka Tártaros da China Tártaros do Volga
Ligazóns externas
Tatars in Congress Library (1989) The Origins of the Volga Tatars H. B. Paksoy: Crimean Tatars Tatar.Net Anais de Waverley (Annales Monasterii Waverleia). Fragmento do ano 1239 que reproduce unha mensaxe sobre os tártaros que mandóu un bispo de Hungría ao de París: texto bilingüe latín - francés, con anotaciónes neste último idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
Categoría:Pobos turcos Categoría:Tártaros Categoría:Historia da China Categoría:Grupos étnicos de Ucraína Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Grupos étnicos de Turquía