O Monte Wood é un cumio de 285 m de altura situado preto da Baía San Julián, na provincia de Santa Cruz, na Patagonia Arxentina.

Orixinalmente o monte foi chamado "Monte de Cristo" polo navegante portugués Fernão de Magalhães que, en 1520 invernou na baía e antes de partir mandou erixir unha cruz na cima desta elevación.Qui, in cima del piú alto monte, drizzassemo una croce in segno de questa terra che era del re di Spagna, e chiamassemo questo monte Monte de Cristo. Pigafetta, Antonio, Relazione del primo viaggio intorno al mondo, Istituto editoriale italiano, collana Viaggi Esplorazioni Scoperte, a cura di Camillo Manfroni, 1956, pág. 9. Dispoñible en liña en http://www.liberliber.it/mediateca/libri/p/pigafetta/relazione_del_primo_viaggio_intorno_etc/pdf/relazi_p.pdf En 1670 o contraalmirante británico John Narborough explorou as costas patagoas, e John Wood, un dos seus homes, acompañado doutros mariños, inspeccionou a baía de San Julián, ascendeu ao Monte de Cristo e gravou nunha das rochas calcarias daquel lugar a inscrición JOHN WOOD. En 1746 a expedición de Joaquín Olivares y Centeno descubriu a inscrición e desde entón o monte é coñecido como Monte Wood.Lenzi, Juan Hilarión, Historia de Santa Cruz. Lomelinos Hnos. Buenos Aires, 1980, pág. 199-202.

O monte está a 7 km da cidade de Puerto San Julián.http://www.mbendi.com/a_sndmsg/facility.asp?I=1804868 Desde a súa base ata a súa cima, existe un parque temático de carácter relixioso, chamado Via lucis, e é un miradoiro natural que domina toda a baía e desde onde se avista a cidade e o océano Atlántico.

Notas

Categoría:Provincia de Santa Cruz Categoría:Montañas da Arxentina