Tejeda é un concello das Illas Canarias, na provincia das Palmas, no centro da illa de Gran Canaria. Segundo o INE, en 2013, o concello tiña unha poboación de 2028 habitantes.
Historia No actual municipio desenvolveuse unha agrupación indíxena con centro no roque Bentayga, celeiro-fortaleza dende a que se controlaba a caldeira de Tejeda ao completo. Este lugar foi un dos últimos focos de resistencia durante as batallas que se libraron para a conquista da illa, soportando un asedio de varias semanas.
O municipio tivo saída ao mar ata o ano 1815, cando a parte sur do municipio se escinde administrativamente de Tejeda, pasando a formar un municipio independente coa denominación de Mogán.
A escaseza da auga para o regadío, foi unha dificultade para o crecemento económico, e o desenvolvemento dunha actividade agrícola que permitise o establecemento dun núcleo de poboación aínda maior. A forma xeolóxica do val permite que a auga recollida durante o inverno verta rapidamente en dirección oeste, cara ao municipio de La Aldea de San Nicolás pero a cota na que se encontra o pobo non permite un mellor aproveitamento da auga para os cultivos locais.
Demografía Ano Poboación 1991 2.361 1996 2.552 2001 2.400 2002 2.402 2003 2.351 2004 2.374 2006 2.286 2007 2.239
Categoría:Concellos de Gran Canaria