Eladio Marcos Rodríguez, coñecido como Marcos da Abeleda, nado en Doade (Sober) en 1908 e finado en Ourense o 14 de xullo de 2000, foi un mestre e pintor galego.
Traxectoria Orfo aos tres meses, foi criado en Abeleda (A Teixeira) pola súa avoa materna. Un tío médico emigrado en Cuba envioulles cartos para que Eladio puidera estudar. Rematou o bacharelato en Ourense e marchou a Madrid onde traballou nun taller de decoración e foi á Escola de Artes e Oficios. Fixo o servizo militar en África e pasou un curso intensivo de Maxisterio para converterse en mestre. Foi destinado á escola de Santa Tegra de Abeleda do Castro de Caldelas. Escribiu poemas que apareceron en Vida Gallega, La Región e Faro de Vigo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído do seu cargo. Debido á súa experiencia militar como sarxento, en Ceuta, chamárono para facer de instrutor de recrutas en Ourense. Despois foi destinado a Asturias, onde coñeceu a Fina Priedes, unha rapaza que acababa de saír da cadea e coa que casou ao rematar a guerra. Con ela instalou unha academia en Monforte de Lemos. Foi pintor e debuxante, realizando varias exposición en 1945. A súa academia foi pechada por orde gobernativa en 1948.
Exiliouse en Buenos Aires coa súa familia en xaneiro de 1949. Na Arxentina fixo retratos, sendo famosos o de Uxío Carré Aldao, do Centro Gallego, e o de Alberto García Ferreiro do Centro Orensano. Retornou en 1975 e conseguiu a reincorporación no ensino, sendo destinado ao Colexio Público de Ribadavia e logo a Barbantes. Ao xubilarse instalouse en Ourense. Véxase tamén Bibliografía Eladio Marcos Rodríguez, mestre en Monforte, “Marcos da Abeleda”
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2000