Carlos Monasterio Valeiro, nado na Coruña cara a 1890 e finado en Fraga (Huesca) en 1938, foi un perito mercantil e político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González López, Salvador Mosteiro, asistente descoñecido, Bernardino Varela e Manuel María González. Fillo de José Monasterio Imperio, un empregado de comercio vencellado ao republicanismo coruñés, estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña e fíxose perito mercantil. Durante a súa xuventude foi futbolista e militou no Real Club Coruña. Tras pasar un tempo en Chile, onde estaban emigrados seus irmáns, regresou a Galicia en 1917 e ese mesmo ano foi nomeado inspector-instrutor do Asilo da Coruña. Posteriormente foi interventor do concello de Ortigueira (1928) e administrador de libros da Deputación da Coruña (1929).La Voz de Galicia, 3-5-1929, p. 4. Amigo de Alfredo Somoza, foi un dos fundadores das Irmandades da Fala da Coruña, da que foi secretario en 1922 e despois vogal e tesoureiro. O 18 de maio de 1930 fundou con Fernando Osorio Docampo e Ánxel Casal o semanario republicano Adelante, que se mantivo até mediados de 1931. Coa República foi secretario particular de Casares Quiroga.

Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Sobrado dos Monxes. Foi detido e condenado a morte, pero conseguiu a conmutación da pena e fuxiu a Lisboa, de onde marchou a Chile para reunirse cos seus irmáns. Permaneceu en Chile ata mediados de 1937, e volveu á España republicana sendo nomeado comisario político na fronte de Aragón. Morreu en Fraga (Huesca), ao ser alcanzado por unha bomba nun ataque aéreo. Vida persoal Casou con Silvina Ruibal Fraga en 1924 e foi pai de Carlos Monasterio Ruibal.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos I Asemblea Nacionalista

Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Chile Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Club Coruña