A Autoridade Portuaria de Vigo é o organismo responsábel do porto de Vigo. Ten a súa sede na praza da Estrela de Vigo. Antes de ter a denominación actual foi coñecida como Xunta de Obras do Porto de Vigo e mais como Xunta do Porto e Ría de Vigo.
É unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal: Puertos del Estado. A maioría das infraestruturas portuarias dedícanse ao transporte marítimo e pesca. Á parte do dominio público hai tamén unha parte dedicada ás empresas conserveiras e estaleiros.
Presidencia A presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo é designada pola Xunta de Galicia. José Martínez Torea (1983-1988) Elena Espinosa (1988-1996) Juan Corral (1996-1999) Julio Pedrosa Vicente (1999-2005) Abel Caballero (2005-2007) Jesús Paz Arias (2007-2009) María Corina Porro Martínez (2009-2011) Ignacio López-Chaves (2011-2015) Henrique López Veiga (2015-2020) Jesús Vázquez Almuíña (2020-2023) Carlos Botana Lagarón (desde 2023)
Véxase tamén Outros artigos Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao Ligazóns externas Páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo
Categoría:Portos de Galicia Categoría:Vigo