Sprint foi un semanario deportivo editado en Vigo entre 1927 e 1936.
Historia e características Subtitulado Periódico deportivo, apareceu o 7 de outubro de 1927. Fundado e dirixido por Andrés Rodríguez Barbeito. Editábase na imprenta de Faro de Vigo e entre os seus redactores estaban Manuel de Castro González (coñecido como Handicap), Manuel Durán Valiño (coñecido como Man d'Uval) e o carballiñés Camilo Fumega Alanis. Enrique López foi o correspondente en Santiago de Compostela dende xuño de 1929, e Maruja Seoane foino na Coruña até o seu falecemento en novembro dese mesmo anoSprint nº 108, 4/11/1929..
En 1929 fixo unha campaña rexionalista que lle custou o cargo ao seu director. Sucedeuno Luís del Valle (pseudónimo de Aurelio Domínguez Pérez). Foi un semanario crítico coas institucións ás que lle esixiu un maior fomento e plans ximnásticos nas escolas. O fútbol ocupaba a metade das follas da publicación (xeralmente de oito páxinas) e sempre aparecía en portada. Ademais do fútbol as noticias fixas eran sobre atletismo, boxeo, ciclismo e cinexética.
Mantivo rivalidade cos semanarios coruñeses Hércules e El Balón e co pontevedrés Aire. Desapareceu co estalido da Guerra civil española e a incorporación a filas do seu director, Luís del Valle.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(2012): A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009) . Universidade de Santiago de Compostela: tese de doutoramento. Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa deportiva Categoría:1927 en Galicia Categoría:Faro de Vigo