Eva Marie Saint, nada en Newark (Nova Jersey) o 4 de xullo de 1924, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria Estudou interpretación na Bowling Green State University, cuxo teatro recibe na actualidade o seu nome. Comezou a actuar profesionalmente na televisión a finais da década de 1940.
Nos seguintes anos continuou a desenvolver a súa carreira na radio e na televisón, ademais de no teatro, onde participou na obra The Trip to Bountiful con Lillian Gish. O seu debut no cinema chegou con A lei do silencio, de Elia Kazan, en 1954. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz secundaria, conseguindo grandes papeis nas décadas seguintes.
A partir da década de 1970 volveu á televisión. Neste medio interpretou a nai de Cybill Shepherd na serie Moonlighting durante tres anos.
Filmografía Ano Filme1954A lei do silencio1956That Certain Feeling1957A Hatful of Rain1957Raintree Country1959Coa morte nos talóns1960Éxodo1962All Fall Down196536 Hours1965The Sandpiper1966Que veñen os rusos1966Grand Prix1968A noite dos xigantes1970Loving1972Cancel My Reservation1986Nothing in Common1997Time to Say Goodbye?2000I Dreamed of Africa2005Because of Winn-Dixie2006Superman Returns2014Winter's Tale
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Nados en 1924