Edwin Stanton Porter, nado en Connesville (Pensilvania) o 21 de abril de 1870 e finado en Nova York o 30 de abril de 1941 foi un director de cinema estadounidense, pioneiro da historia do cinema.

Traxectoria Logo de ter distintos empregos, comezou a interesarse na electricidade, amosando unha gran capacidade como inventor. Porter chegou ao mundo do cinema en 1896, ano no que se proxectaron comercialmente os primeiros filmes, converténdose en proxeccionista e viaxando por Suramérica facendo demostracións en feiras. Ao volver a Nova York en 1898 atopou traballo no Eden Musée, dependente da Edison Manufacturing Company, no que se dedicaba á montaxe e exhibición de filmes.

Pola creatividade que demostrou neses labores foi contratado directamente pola compañía en 1899, comezando a facer filmes para Edison.

O seu principal filme foi o western The Great Train Robbery, de 1903, que trouxo grandes innovacións, incluíndo un plano dun bandido disparando á cámara.

Entre 1917 e 1925 Porter foi presidente da Precision Machine Company. Tras retirarse, seguiu inventando e deseñando obxectos, logrando varias patentes.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Fayette, Pensilvania Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América