Mom é unha serie de televisión estadounidense, orixinalmente da canle CBS, estreada o 23 de setembro de 2013 nos Estados Unidos e o 8 de outubro do mesmo ano en Latinoamérica, protagonizada por Anna Faris e Allison Janney. En España emítese na canle TNT dende o 3 de febreiro de 2014 e en Neox dende o 24 de febreiro de 2014.

Argumento Christy (Anna Faris) é unha nai solteira que despois de superar a súa adicción ó alcol e ás drogas, decide encamiñar a súa vida asistindo a reunións de "Alcólicos Anónimos". A súa nai, Bonnie (Allison Janney), que foi unha nai pésima, volve á súa vida despois de que ela fixese o mesmo. A filla, Violet (Sadie Calvano) queda embarazada ós dezaseis anos, como a súa nai e a súa avoa, polo seu mozo Luke. Christy tamén ten un fillo pequeno, Roscoe (Blake Garrett), do seu ex marido Baxter.

Personaxes Personaxes principais Anna Faris é Christy Plunkett Allison Janney é Bonnie Plunkett Sadie Calvano é Violet Nate Corddry é Gabriel Matt L. Jones é Baxter French Stewart é Chef "Rudy", Rudolph Spencer Daniels é Luke Blake Garrett Rosenthal é Roscoe

Personaxes secundarios Mimi Kennedy é Marjorie Armstrong Reggie De Leon é Paul Octavia Spencer é Regina Kevin Pollak é Alvin Biletnikoff Courtney Henggeler é Claudia (pronunciado Cloudia) Justin Long é Adam

Episodios

Tempada Episodios Inicio de tempada (orixinal) Fin de tempada (orixinal) 1 22 23 de setembro de 2013 14 de abril de 2014 2 N/D N/D N/D

Emisións internacionais País Canle de televisión Data de estrea Estados Unidos CBS 23 de setembro de 2013 Canadá City 23 de setembro de 2013 Australia Nine Network 9 de abril de 2014 Brasil Warner Channel 8 de outubro de 2013 India Star World Premiere HD n/d Turquía CNBC-e 2013 Polonia Comedy Central Poland 1 de decembro de 2013 TV2 2014 ITV2 20 de xaneiro de 2014 TNT Neox 3 de febreiro 24 de febreiro de 2014 Mediaset 28 de marzo de 2014

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2013 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América