José Luís Chamorro Castro, nado en Pontevedra en 1898 e finado en Tribomont (Bélxica) en 1969, foi un sindicalista e militante libertario galego.

Traxectoria

miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Traballou como estibador no porto da Coruña. Militante da CNT, deuse a coñecer nunha folga no ramo do transporte en 1920. Na ditadura de Primo de Rivera estivo embarcado como enfermeiro marítimo e participou nas loitas sindicais da Arxentina integrado na FORA. Coa proclamación da República volveu a Coruña e destacou na CNT polo seu aliñamento coas posturas máis radicalizadas e as súas accións na FAI e nos Grupos de Defensa. Foi multado en xullo de 1933 como autor do texto duns panfletos repartidos polo Comité de Transportes da CNT.El Ideal Gallego, 16-7-1933, p. 3. En setembro de 1935 foi xulgado na Coruña por tenencia de explosivos, sendo absolto.El Obrero, 28-9-1935, p. 3. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e logrou fuxir a Xixón na evasión de La Libertaria en xaneiro de 1937. Trasladouse a Bilbao, onde desempeñou postos de responsabilidade no Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Pasou despois a Cartagena, onde foi secretario de Defensa local e un dos fundadores da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Ceive. Coa derrota trasladouse a Casablanca, actuou na resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT no exilio establecido en Tolosa. Finou accidentalmente nun Asilo de Anciáns exiliados próximo a Liége.

Vida persoal

Casou na Coruña con María Rodríguez Rego en 1930.El Ideal Gallego, 19-8-1930, p. 3. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Diccionaire des militants anarchistes

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Sindicalistas da FORA Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes