Campio Pérez Pérez, coñecido co pseudónimo de Campio Carpio, nado en Vigo o 10 de outubro de 1902 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Cando contaba con 17 anos e antes que o enviasen á Guerra de Marrocos, decidiu embarcar para Arxentina. Os sucesos da Semana Tráxica de Buenos Aires, a represión e asasinatos en masa da Patagonia foron marcando a historia arxentina dos anos vinte. Neste ambiente revolucionario comezou a desenvolver a súa vida. Incorporouse aos medios literarios e artísticos de formación universitaria e ao movemento libertario. Durante a guerra civil concentrou toda a súa enerxía creadora para denunciar a través da pluma, as barbaries cometidas polo bando alzado. Desde Madrid os anarquistas galegos da CNT nomeáronmo correspondente en Buenos Aires de Galicia Libre. Desde as páxinas deste periódico chamou a profundar a revolución e sinalar os perigos que corría a fronte republicana.
Nos anos corenta escribiu na revista Hombre de América e a partir de 1959 comezou a colaborar na revista anarquista Reconstruir. A súa obra xornalística está dispersa por moitos xornais libertarios de América e Europa. Entre os innumerables folletos realizados destácase o dedicado á vida de Curros Enríquez.
Os últimos anos da vida de Carpio viviunos afastado da vida política activa, a súa avanzada idade e a posterior ditadura do xeneral Videla, axudaron para que a súa militancia se fora apagando lentamente, a pesar diso nunca abandonou a actividade xornalística e as súas preocupacións intelectuais.
O 28 de setembro de 1989 faleceu na súa casa de Montegrande na zona sur do gran Buenos Aires.
Obras El mundo agonizante (crítica) Humillados (contos) ¡También América! (crítica) El destino social del arte (crítica) Democracia (novela) Antología de pensamientos de González Prada 36 poemas de autores brasileños contemporáneos Milicias de la aurora (poemas) Pasión y poesía Radiografía cordial de América Lamento de la tierra encadenada (epopea) Labradores del Espíritu (ensaio).
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Campio Carpio
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1989