Francisco Alfonso Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela cara 1908 e finado na Coruña o 17 de setembro de 1991, foi un militante anarcosindicalista galego.
Traxectoria Pintor de profesión e militante anarcosindicalista como os seus irmáns Antonio e Manuel, cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos de Santiago de Compostela integrada na CNT. Artellou a expedición proletaria que saíu en axuda dos obreiros coruñeses. Fracasada a resistencia, fuxiu dende Muros nun bou cara a Francia. Dende alí volveu a Asturias e foi un dos animadores e secretario da Agrupación Confederal Galaica de Asturias e xa en Valencia da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Coa derrota da República, marchou ao exilio en Francia . Regresou á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade previo pacto cos xerarcas falanxistas da CNS. Cando caeu o franquismo, militou na CNT. Finou na Coruña o 17 de setembro de 1991.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-9-1991, p. 65.
Vida persoal Casou con Mercedes Búa Tajes.
Era irmán de Manuel e Antonio, tamén militantes anarcosindicalistas e de Coralia e Maruxa, coñecidas en Compostela como "As dúas Marías".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes