miniatura|Bigornia nun museo en Gales. Unha bigornia é unha peza de ferro ou aceiro alongada sobre a que se machuca outro obxecto. A súa utilidade está determinada polo seu tamaño, xa que canto máis inerte sexa a bigornia, máis eficientemente será transmitida a enerxía da ferramenta golpeadora á peza de traballo. A bigornia empregada como unha ferramenta de forxa coñécese como engra, incre ou zafra. Antes do descubrimento da tecnoloxía moderna de soldadura, foi un instrumento fundamental para os ferreiros.Hahn, Robert. Archaeology and the Origins of Philosophy. Publisher: State University of New York Press 2010. ISBN 978-1438431659.Biblia do rei Xacobe ISAIAH 41:7.

A meirande parte das bigornias modernas están feitas de aceiro, de ferro fundido ou dunha mestura de ferro e aceiro. Debido a que o uso das bigornias é moi antigo e foron outrora moi cotiás, teñen hoxe en día un significado simbólico por riba do seu uso como obxectos útiles.

Notas

Categoría:Ferramentas