O acento agudo dobre ( ˝ ) é un signo diacrítico dos alfabetos latino e cirílico consistente en dúas pequenas raias que baixan de dereita a esquerda e que se coloca sobre unha vogal ou unha consoante.

Usos

Duración vocálica

Húngaro No húngaro utilízase o acento agudo dobre sobre as letras o e u para representar as formas longas das vogais ö e ü, a diferenza das outras vogais longas, que levan o acento agudo simple. Estas grafías son consideradas como letras independentes no alfabeto desta lingua.

Vogais brevesaeioöuüVogais longasáéíóőúű

No século XVIII, antes de que se fixase a ortografía húngara, nalgúns documentos impresos o u e o o longos aparecen representados coa combinación da diérese e do acento agudo (). Os tipógrafos do século XIX, procurando unha solución máis estética, introduciron no seu lugar o acento agudo dobre.

Eslovaco

No eslovaco, desde comezos do século XX, o acento agudo dobre tense empregado, con todo de modo limitado, en combinación coa letra a para representar a variante longa ( a̋ ) da vogal breve ä, existente nalgún dialecto e en empréstitos de orixe estranxeira. As outras vogais longas escríbense, polo contrario, con acento agudo simple.Czambel, S. 1902. Rukoväť spisovnj reči slovenskej. Turčiansky Sv. Martin: Vydanie Knihkupecko-nakladateľshého spolku, p. 2.

Umlaut Feroés

Nalgúns casos no feroés emprégase a letra o con acento agudo dobre ( ő ) en vez de ø. Para tal fin o danés fai uso do "o" con acento agudo simple ( ó ), o que resulta problemático para o feroés xa que dita grafía é xa unha letra específica do seu alfabeto.

Chuvaxo

O chuvaxo, escrito en alfabeto cirílico, usa a letra con acento agudo dobre Ӳ, ӳ para representar o fonema . Noutras linguas minoritarias de Rusia (khakas, mari, altai, e khanty), emprégase para dito fonema a forma con diérese Ӱ.

Tonalidade No sistema con diacríticos empregado para sinalar a tonalidade polo Alfabeto Fonético Internacional o acento agudo dobre representa un ton extra alto. A seguir móstrase o sistema usando a letra "e" como modelo.

Extra altoAltoMedioBaixoExtra baixoTon

O acento agudo dobre é usado como signo de tonalidade nas ortografías derivadas do IPA dalgunhas linguas minoritarias como o tanacross, nas que indica un ton extra alto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Acento agudo Diacríticos do alfabeto latino Diacríticos do alfabeto cirílico

Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos