Gloria Hallward, nada nos Ánxeles o 28 de novembro de 1923 e finada en Nova York o 5 de outubro de 1981, foi unha actriz estadounidense, coñecida como Gloria Grahame.

Traxectoria Era filla dun arquitecto e escritor e dunha actriz británica, Jeanne McDougall, que usaba como nome artístico Jean Grahame. A súa irmá Joy Hallward tamén foi actriz.

Foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer cando Louis B. Mayer a viu nunha obra de Broadway, debutando en 1944. Porén, a MGM non viu o seu potencial e vendeu o contrato á RKO Studios en 1947.

Asociada habitualmente a filmes de cinema negro, gañou o Oscar á mellor actriz secundaria en 1952 por The Bad and the Beautiful. Traballou tamén na televisión, en series como The Outer Limits ou The Fugitive.

Grahame encadeou varias relacións e matrimonios fracasados, entre eles, co director Nicholas Ray. Anos despois do divorcio casou con Anthony, fillo do director, co que tivera un romance cando aínda estaba casado co seu pai.

En 1974 diagnosticáronlle cancro de mama, que remitiu nun ano. En 1980 volveu a enfermidade, pero ela seguiu traballando no teatro nos Estados Unidos e o Reino Unido. Durante unha operación en Londres os médicos causáronlle unha ferida que acabou convertida en peritonite. Trasladada polos seus fillos ao seu país, finou unhas semanas despois.

Filmografía Ano Título1944 Blonde Fever 1945 Without Love 1946 Que fermoso é vivir1947 It Happened in Brooklyn 1947 Encrucillada de odios1947 Song of the Thin Man1947 Merton of the Movies1949 Un segredo de muller1949 Roughshod1950 In a Lonely Place1952 O maior espectáculo do mundo1952 Unha aventura en Macau1952 Sudden Fear1952 The Bad and the Beautiful 1953 The Glass Wall1953 Man on a Tightrope 1953 The Big Heat1953 Prisoners of the Casbah1954 Human Desire1954 Naked Alibi1954 The Good Die Young1955 The Cobweb 1955 Not as a Stranger1955 Oklahoma! 1956 The Man Who Never Was1957 Ride Out for Revenge 1959 Odds Against Tomorrow 1966 Ride Beyond Vengeance1971 Blood and Lace1971 The Todd Killings1971 Chandler 1972 The Loners 1973 Tarot1974 Mama's Dirty Girls1976 Mansion of the Doomed 1979 A Nightingale Sang in Berkeley Square 1979 Head Over Heels1980 Melvin and Howard 1982 The Nesting

Véxase tamén

Bibliografía Curcio, Vincent (1989). Suicide Blonde: The Life of Gloria Grahame (1st ed.). William Morrow & Co. ISBN 0-688-06718-2 Lentz, Robert J. (2011). Gloria Grahame, Bad Girl of Film Noir: The Complete Career. Mcfarland & Co Inc Pub. ISBN 0-7864-3483-X Turner, Peter (1987), Film Stars Don't Die in Liverpool. Nova York: Grove Press

Ligazóns externas

Film Reference Artigo de Donald Chase Gloria Grahame en Virtual History

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Finadas por cancro de mama