miniatura|320px|Lugares pasados (entre parénteses) e actuais na península Ibérica con nomes que conteñen os elementos célticos -brigā ou -bris < -brixs “outeiro, castro”. Prema na imaxe para ampliar. A toponimia céltica de Galicia é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais, ríos (hidrónimos) ou montañas que se crearon coa lingua céltica e polo tanto teñen etimoloxía céltica, e que están ou estaban situados dentro dos límites da Galicia actual.

Antigos topónimos célticos miniatura|O faro romano coñecido como Torre de Hércules e no pasado como “Faro Bregancio”, na Coruña. miniatura|Portas do castro de San Cibrao de Las, anteriormente Laniobriga ou Lansbriga. miniatura|O río Miño visto dende o ‘’oppidum’’ de Santa Trega, A Guarda. miniatura|O río Tambre, anteriormente Tamaris. miniatura|dereita|O curucho dos “Tres Bispos”, na provincia de Lugo, no extremo máis occidental as antigas montañas Vindius. En Galicia, aproximadamente a metade dos topónimos non latinos transmitidos dende a antigüidade nas obras dos autores e xeógrafos clásicos (Pomponio Mela, Plinio o Vello, Tolomeo etc.), ou en inscricións epigráficas romanas, resultaron ser de orixe céltica,Curchin (2008) pp. 109, 130-131.Vallejo (2009) pp. 272-273. sendo a outra metade maioritariamente indoeuropeas, en todo caso sendo incontestablemente non célticas ou carecendo dunha sólida etimoloxía céltica.

Deseguido preséntase unha lista non exhaustiva de topónimos cuxa orixe é, o máis seguro, céltica.En xeral, cf. Falileyev (2007), Curchin (2008), Luján (2006). As formas proto-célticas están dadas en xeral de acordo ás formas propostas por Matasovic (2009). Como no resto do artigo, o asterisco indica unha forma hipotética. A característica máis elemental é -bri(s),Koch (2006) p. 790. do proto-céltico *brigs,Prósper (2002) p. 358. coa súa derivación *brigā, ambas as dúas co significado de “outeiro” e por tanto “castro” e “poboado”. Os asentamentos coñecidos en Galicia durante a Idade de ferro eran os castros e poboados fortificados situados en outeiros e penínsulas. Moitos deles foron abandonados logo da conquista romana.

Aediobri:Prósper (2002) p. 258. Dunha inscrición votiva ó deus BANDVE AEDIOBRICO. De *aydu- “lume” ou *(p)ētu- “prado, terra, territorio”,cf. Matasovic (2009) s.v. *fētu-. e *brixs “castro”. Cf. Irlandés brí “outeiro”, e a poboación dos Aedui na Galia. Asseconia ou Assegonion:Curchin (2008) p.117; Luján (2006) p. 726. Un poboado. Quizais de *Ad-sego- “A moi forte”. Aviliobris:Curchin (2008) p. 117. Castellum (castro) no noroeste de Galicia. De *Awelyobrixs “outeiro ventoso”. Cf. Bretón awel “vento”. Adrobricam urbem:Curchin (2008) p. 115; Luján (2006) p. 728; Delamarre (2012) p. 41. Cidade dos ártabros. De *brig- “castro”. Albiones:Luján (2006) p. 723. Un pobo localizado entre os ríos Navia e Eo. De *albiyo- “mundo (superior)” ou “país”.Delamarre (2003) p. 37; Koch (2006) s.v. albio, albiones. Pode ter relación co antigo nome da Illa de Gran Bretaña, que era Albion. Arrotrebae: Pobo costeiro do noroeste de Galicia. De *trebā “asentamento”, e *aryo-, tanto “home libre”Delamarre (2003) p. 37. como unha derivación de *(p)are- “en fronte de”.Prósper (2008) p. 37. Aunios:Curchin (2008) p. 111.Delamarre (2012) p. 67 Unha illa no océano Atlántico, actual Ons. Do céltico *auni-, de significado e etimoloxía descoñecidas.Delamarre (2003) p. 61. Hidacio menciona un pobo local denominado Aunonenses, enfrontado ós recentemente chegados suevos no século V. Berisamo:Curchin (2008) p. 118. O castro dos Cileni. Probablemente do superlativo *Bergisamo- “O máis alto”.Prósper (2002) p. 360. Beriso: O castro dos Cabarci, probablemente do comparativo *Bergiso- Meirande”. Bonisana:Falileyev (2007) s.v. Un poboado. De *bonu- “alicerce, base”. Cf. Lingua irlandesa antiga bun “alicerce, base, esteiro”. Brevis: Un poboado. De *brīwā “ponte”. Brigantia: Cidade antiga, moi probablemente a actual A Coruña (Faro Bregancio en 971). De *brigant- “relevante, poderoso”.cf. Matasovic (2009) s.v. *brig-, *brigo-. Callaecia “A terra dos Callaeci”, de *kallā- “madeira”cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-. co sufixo complexo local -āik-. Máis tarde tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza. Calubriga:Curchin (2008) p. 119; Luján (2006) p. 728. Un castro. De *brigā “castro” e un primeiro elemento de significado incerto. Cambetum:Curchin (2008) p. 119. Un poboado. De *kambo- “torcer, retorcer”. Canibri: Un poboado. De *kani- “bo, lindo” e *brigs “castro”. Cf. Lingua irlandesa antiga cain “bo, lindo”. Celtici: Tanto un nome descritivo empregado por xeógrafos clásicos a un fato de pobos que habitaban o occidente de Galicia, como un endónimo céltico baseado no *kelt- nunha serie de nomes hispanocélticos: CELTIATUS, CELTIATIS, ARCELTI, CONCELTI, CELTIUS.Cf. Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby . Cistonia:Curchin (2008) p. 120. Un poboado. De *kistā- “canastra entretecida”,cf. Matasovic (2009). s.v. e eventualmente “carro”.Delamarre (2003) p. 117. Coelerni:Curchin (2008) p.120; Delamarre (2003) s.v. coilos. Pobo que habitaba no sur de Galicia. De *koyl- “delgado“. Cf. Lingua irlandesa antiga cóil “exiguo, fraco”. Coeliobriga: Un oppidum preto de Celanova, moi probablemente a capital dos Coelerni. De *koyl- e *brigā. Copori: Pobo habitante da Galicia central, dende a confluencia do río Sar e Ulla no oeste, até Lugo no leste. O seu nome é probablemente non céltico, mais nótese o picto *copor- “confluencia”,Koch (2006) p. 1593. quizais de *kom-bero- “confluencia” (ou “xuntar”).cf. Matasovic (2009) p. 214. Ebora:Curchin (2008) p. 121. Porto na desembocadura do río Tambre. De *eburo- “teixo”. Ebronanto (Valerio do Bierzo, Ordo Cerimonialis, c. 650). Un estado preto da actual Rubiá. De *Eburo-nantu “Val do teixo”. Equaesi:Plinio, Historia Natural III.28. Un pobo habitante do sur de Galicia. De *ekʷo- “cabalo”.cf. Matasovic (2009) s.v. Cf. Lingua irlandesa antiga ech “cabalo”. Ercoriobri:Luján (2006) p. 728. Un castro dos albións. É unha composición do primeiro elemento *(p)are-koro- “golpe” (cf. Lingua bretoa ercor “golpe”),cf. Matasovic (2009) s.v. *fare-koro-. ou *Ēri-corio- “exército/tribo do oeste”, e *brixs “castro”. Gigurri: Pobo que habitaba a actual Valdeorras. De *Gigur-yo, quizais “os gansos”. Cf. Lingua irlandesa antiga gigrann “ganso”. Suxire E. BascuasE. Bascuas (2002) pp. 129-130) aínda que sen moita convicción e entre outras posibilidades, que é unha forma de *gigur “ganso”, relacionada cunha forma proto-celta *giguranosP. Schrijver (1995). "Studies in British Celtic historical phonology". Amsterdam-Atlanta (p. 358). “ganso salvaxe” (antigo irlandés Gigren, Giugrann “ganso” e galés Gwyrain “parrulo salvaxe”) co que este pobo sería simplemente “os gansos”. Glandomirum:Curchin (2008) p. 122. De *glendos- “val, beira”. Iria: actual Padrón. De *(p)īweryā- “terra fértil”.cf. Curchin (2008) p. 122. Laniobriga:Curchin (2008) p. 123. Probable nome anterior do castro de San Cibrao de Las, San Amaro, a pesar de que a lectura da inscrición que contén o topónimo é debatida.cf. Prósper (2002) p. 258. De *(p)lānyobrigā “castro da chaeira”.Falileyev (2007) s.v. lān(i)o-. Laniobre: Bispado durante o século VII. De *(p)lānyobrixs. Lemavi:Lujan (2006) p. 725. Pobo habitante do val de Lemos. De *Lēmawoi “o pobo dos olmos”, de *lēmo- “olmo”. Outros autores póñeno en relación á raíz indoeuropea Lim-, Lem-, Lym-, que tería que ver con zonas pantanosas ou lagoas.Delgado Borrajo, Montserrat; Grande Rodríguez, Manuel (2008). Os lemavi a través das fontes literarias e epigráficas , Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, pp. 133-162. Limia:Curchin (2008) p. 113.Delamarre (2012) p. 178. Actual río Limia, preto das súas fontes tórnase nunha gran lagoa ou zona pantanosa, hoxe desecada. De *līmā- “inundación”.cf. Ward (1996) s.v. Cf. Galés llif idem. Lubri: Castro dos celtici. O primeiro elemento, *lū-, pode ser unha evolución de *luw- “ceibar, fuxir”, ou de *low- “fluír”, entre outras posibilidades. Quizais Lubri “o castro ceibe”. Medullium: Montaña na que un gran número de loitadores galaicos poderían ter sido asediados polos romanos,Orosio, Historiarum adversum paganos, VI.21. suicidándose os primeiros cando a situación se tornara desesperada. De *med-o- “xuíz”, *med-yo- “metade” ou *medu- “hidromel”.Cf. Falileyev (2007) s.v. Medulli. Cf. topónimos Medulli, Medullis, Medulla, na Galia. Minius:Curchin (2008) p. 113. O río galego máis longo, actual río Miño. De *mīno- “maino, lene”, cf. Lingua irlandesa antiga mín idem. Miobri:Curchin (2008) p. 124. Castro dos celtici. Probablemente de *Meyobrixs “pequena fortaleza”.cf. Delamarre (2003) s.v. meion. Unha adicatoria a COSO MEOBRIGO (*Meyobri-ko) pode referirse tamén a este castellum, ou a calquera co mesmo nome. Morodon:Curchin (2008) p. 124; Luján (2006) p. 727. Un poboado a carón do océano. De *mor- “mar” e *dūno- “fortaleza”. Cf. o topónimo británico Moridunum. Navia:Delamarre (2012) p. 204. Río que na actualidade conserva o mesmo nome . De *nāwiā- “bote (xerro, cunca)”.Delamarre (2003) s.v. nauson. Nemetobriga: Probablemente a capital dos Tiburi, no sueste de Galicia. De *nemeto- “santuario” e *brigā “castro”. Nerii:Curchin (2008) p. 112; Luján (2006) p.724. Tribo céltica que habitaba nos arredores da actual Fisterra. De *nero- “heroe”. Novium:Curchin (2008) p.124; Luján (2006) p.727; Delamarre (2012) p. 178. Un poboado considerado a actual Noia. De *nowyo- “novo”. Ocelum:Curchin (2008) p. 125. Un poboado preto de Lugo. De *ok-elo- '”promontorio”.cf. Matasovic (2009) s.v. *akro-. Olca:Curchin (2008) p. 125; Lujan (2006) p. 727. Unha fortaleza en Rodeiro, nas terras altas da dorsal galega. De *(p)olkā “terras arables”.cf. Matasovic (2009) s.v. *folkā-. Olina:Curchin (2008) p. 125; Luján (2006) p.727. Un poboado. De *olīnā- “cóbado, ángulo”. Ontonia:Delamarre (2012) p. 211. Un poboado. De *φonth2-on-yā “(o do) vieiro”. Querquerni: unha tribo do sur galego. Do indoeuropeo *perkʷos “carballo”, con asimilación céltica.Curchin (2008) p.116; Luján (2006) p. 724. Seurri: unha tribo que habitaba a ambos os lados do curso medio do río Miño. De *seg-ur-yo-, “os poderosos”.Prósper (2008) pp. 38-40. Talabriga:Luján (2006) p. 729. Castro dos Limici. De *talu- “fronte, saínte, escudo”Ward (1996) s.v.; Delamarre (2003) p. 288. e *brigā “castro”. Tamaris:Delamarre (2012) p. 246. Actual río Tambre. De *tamo- “escuro”. Trileukon: Un promontorio, actual Punta dos Aguillóns ou Cabo Ortegal. De *trīs- “tres” ou “moito”, e *louko- “brillante, refulxente”. Verubri:Curchin (2008) p. 129; Prósper (2002) p. 259. Nome dun castro, como se deduce dunha adicatoria ó deus BANDUE VERUBRIGO (*Weru-bri-ko ou *U(p)ero-bri-ko). De *weru- “largo” ou *u(p)er- “superior”, e *brixs “castro”. Vindius: A Cordilleira Cantábrica. De *windo- “branco”, polo tanto “As Montañas Brancas”.

Britonia

No século V ou VI unha colonia de britanos asentouse no norte de Galicia,Koch (2006) s.v. Britonia. e os seus bispos acudiron a numerosos concilios, primeiro do Reino suevo, e despois dos visigodos en Toledo, até o século VIII. Atribúenselle unha serie de topónimos: A Bertonía: Un lugar da parroquia de San Martiño de Anllo en Sober. Bertoña: Un lugar da parroquia da Capela, no concello do mesmo nome. Foi o centro da rexión denominada Britonia até ben entrado o século XI, abranguendo os concellos da Capela e Moeche. Bretoña: Un lugar da parroquia de Curro en Barro. Bretoña: Unha parroquia do concello de Pastoriza. Probable sé da diocese de Britonia de onde era orixinario o bispo Mailoc, asinante nos Concilios galaicos de Lugo (569) e Braga (572). Existiu tamén unha vila Bretonos preto da cidade de Lugo, na Idade Media.“Inter Bretonos et Sancto Petro de Mera“, 1078, en Flórez, España Sagrada 40: 420.

Topónimos medievais e modernos