Marcos Maceira Eiras, nado en Santiago de Compostela en 1978, é un historiador, activista lingüístico e exdirixente estudantil galego, que exerce como profesor de xeografía e historia.

Traxectoria Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e xestor cultural. Foi representante dos Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza (1996-98) e responsable de Organización dos CAF (1999-2001). Foi un dos coordinadores do Simposio-Homenaxe a Xosé Chao Rego (2004), e do Simposio Internacional Priscilano (2006). Foi secretario (2002-2012) e presidente (2012-2014) da Agrupación Cultural O Galo e vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura. É membro da permanente da Mesa pola Normalización Lingüística e da xestora de Queremos Galego!. Desde 2007 é o responsable de coordinar a organización do Correlingua.

En abril de 2014 foi elixido cuarto presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Obra

Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, con Elsa Quintas Albores (2024). Santiago: Laiovento. 210 páxs. ISBN 978-84-8487-685-4.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Terra e Tempo Artigos do autor en Praza Pública

Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela