Maurice Henri Joseph Schérer ou Jean Marie Maurice Schérer,A obsesión de Rohmer pola súa vida privada fixo que dese diferentes nomes. Tamén aparecen noutras fontes datas de nacemento coma o 21 de marzo de 1920, o 1 de decembro de 1920 e o 4 de abril de 1923. nado en Tulle (Corrèze) o 4 de abril de 1923 e finado en París o 11 de xaneiro de 2010 foi un director de cinema francés.
Traxectoria Creou o seu pseudónimo coa combinación dos nome do director Erich von Stroheim e do escritor Sax Rohmer, creador da serie de Fu Manchu. Estudou literatura, filosofía e teoloxía e acadou un grao avanzado en historia, comezando a súa vida profesional como profesor.
A mediados da década de 1940 marchou a París, onde traballou como xornalista. En 1949 comezou a asistir á Cinémathèque Française, e alí coñeceu aos seus amigos Jean-Luc Godard, François Truffaut, Claude Chabrol e Jacques Rivette. Aínda que Rohmer nunca estivera interesado no cinema converteuse en crítico de filmes. Tras pasar por varias revistas, en 1951 entrou en Cahiers du Cinéma, da que chegaría a ser editor.
Tras dirixir algunhas curtametraxes, debutou como director con Le signe du lion en 1959. A súa carreira tomou pulo coa súa serie Seis contos morais, que contan a mesma historia inspirada no filme de F. W. Murnau Sunrise: un home casado é tentado por unha segunda muller, pero finalmente volve á primeira. O cuarto deles, A miña noite con Maud foi o primeiro éxito comercial de Rohmer.
En 1980 comezou unha nova serie de filmes, "Comedias e proverbios", baseados en refráns. A súa última serie foron os Contos das catro estacións.
Filmografía 1959 Le Signe du lion 1967 A coleccionista 1969 A miña noite con Maud 1970 O xeonllo de Claire 1972 L'Amour l'après-midi 1976 La Marquise d'O... 1978 Perceval le Gallois 1981 La Femme de l'aviateur 1982 Le Beau mariage 1983 Pauline na praia 1984 Les Nuits de la pleine lune 1986 Le Rayon Vert 1987 L'Ami de mon amie 1987 Le trio en si bémol 1987 4 aventures de Reinette et Mirabelle 1990 Conte de printemps 1992 Conte d'hiver 1993 L'Arbre, le maire et la médiathèque 1995 Les Rendez-vous de Paris 1996 Conte d'été 1998 Conte d'automne 2000 L'Anglaise et le Duc 2004 Triple agent 2007 O romance de Astrea e Celadón
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Bibliografía Artigo Entrevista
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados no departamento de Corrèze Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2010