Agnes Robertson Moorehead, nada en Clinton (Massachusetts) o 6 de decembro de 1900 e finada en Rochester (Minnesota) o 30 de abril de 1974, foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria Moorehead sentiuse atraída pola interpretación desde que era pequena e tras graduarse e traballar como mestra, entrou na American Academy of Dramatic Arts, da que se graduou con honores en 1929. Inicialmente a súa carreira foi amodo, atopando pequenos traballos no teatro e na radio. A actriz Helen Hayes suxeriulle que probase o cinema, pero os primeiros intentos non foron ben e volveu á radio.

Logo de coñecer a Orson Welles converteuse nunha das principais actrices do Mercury Theatre xunto con Joseph Cotten. Igual que outros membros do grupo debutou no cinema en Cidadán Kane (1941). A mediados da década de 1940 foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer, interpretando papeis secundarios mentres seguía en Broadway e na radio.

O seu primeiro traballo na televisión foi en 1959 na serie The Rebel. Porén, a súa personaxe máis lembrada neste medio foi a de Endora, a excéntrica nai da bruxa Samantha en Bewitched, que interpretou entre 1964 e 1972, polo que foi seis veces candidata aos premios Emmy.

Moorehead finou de cancro de útero en 1974.

Filmografía Ano Filme 1941 Cidadán Kane1942 A magnificencia dos Amberson The Big Street1943 Journey into Fear The Youngest Profession Government Girl1944 Jane Eyre Since You Went Away Dragon Seed The Seventh Cross Mrs. Parkington Tomorrow, the World1945 Keep Your Powder Dry Our Vines Have Tender Grapes Her Highness and the Bellboy1947 Dark Passage The Lost Moment1948 Summer Holiday The Woman in White Station West Johnny Belinda1949The Stratton Story The Great Sinner Without Honor1950 Caged Captain Blackjack1951 Fourteen Hours Adventures of Captain Fabian Show Boat The Blue Veil1952The Blazing Forest1953 The Story of Three Loves Scandal at Scourie Main Street to Broadway Those Redheads From Seattle1954 Magnificent Obsession1955Untamed All That Heaven Allows The Left Hand of God1956 The Conqueror Meet Me in Las Vegas The Swan The Revolt of Mamie StoverThe Pardners The Opposite Sex1957 The True Story of Jesse James Jeanne EagelsO condado de Raintree The Story of Mankind 1958 The Tempest1959 Night of the Quarter Moon The Bat 1960Pollyanna1961 Twenty Plus Two Bachelor in Paradise1962 Jessica A conquista do Oeste 1963 Who's Minding the Store? 1964 Hush… Hush, Sweet Charlotte 1966 The Singing Nun 1969 The Ballad of Andy Crocker 1971 ¿Que lle pasa a Helen? 1972 Drop Dead Delilah

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Documentos Entrevista co seu biógrafo Charles Tranberg Suspense 15 de febreriro de 1951 Agnes Moorehead – The Death Parade. The CBS Radio Mystery Theater 1974-01-06 The Old Ones Are Hard To Kill con Agnes Moorehead.

Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Worcester, Massachusetts Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa