Edelmiro Trillo García-Señoráns, nado en Santiago de Compostela o 17 de setembro de 1854 e finado en Vilagarcía de Arousa en xuño de 1930Necrolóxica en ABC, foi un xuíz galego. Traxectoria Fillo de Eduardo Trillo Salelles, pasou a súa nenez e xuventude en Vilagarcía de Arousa. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1876. Exerceu como avogado na Coruña e en 1886 foi Xuíz de primeira instancia en Mondoñedo, pasando despois aos xulgados de Corcubión, Mondariz, Ferrol e Vigo. En 1912 foi maxistrado da Audiencia de Madrid e en 1920 foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo.
Dirixiu o periódico de Vilagarcía El Eco de la Ría de Arosa e colaborou en Galicia Nueva.
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela