Pokémon Omega Ruby (en ; Poketto Monsutā Omega Rubī) e Pokémon Alpha Sapphire (en ; Poketto Monsutā Arufa Safaia) son dous videoxogos de rol de 2014, senllos remakes dos videoxogos de 2002 Pokémon Ruby e Sapphire, que tamén incúen caractertísticas de Pokémon Emerald. Os xogos forman parte da sexta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en maio de 2014, e foron lanzados no Xapón, América do Norte e Australia o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos despois do lanzamento dos videoxogos orixinais Ruby e Sapphire, mentres que en Europa a data de lanzamento foi a semana seguinte.

Omega Ruby e Alpha Sapphire recibiron polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Ata o 30 de setembro de 2020, os xogos venderon 14,34 millóns de copias en todo o mundo.

Desenvolvemento Os fans de Pokémon estiveron especulando sobre o posible lanzamento dos remakes de ‘Ruby’ e ‘Sapphire’ durante anos, vendo múltiples referencias nos videoxogos sobre a rexión na que se desenvolve a trama, Hoenn, en Pokémon X e Y, do 2013. De feito, "Hoenn Confirmed" foi un meme moi empregado polos especuladores.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial (en xaponés)

Categoría:Videoxogos de 2014 Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de Game Freak Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos con banda sonora de Junichi Masuda