miniatura|Hojas jóvenes. miniatura|Aquenios sueltos.

O castiñeiro da ChinaNome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 (Castanea mollissima) é unha especie do xénero Castanea, na familia Fagaceae, de orixe asiática. Atopamos exemplares illados en Galiza, as máis das veces hibridados co castiñeiro común.

Descrición É unha árbore caducifolia, de copa ancha e que medra até uns 20 m de altura. As follas son alternas, simples, con pecíolo de 1–2 cm e limbo elíptico-oblongo a oblongo-lanceolado, de 10–17 cm, rara vez máis curto, e 4,5–8 cm de largo, de base arredondada a truncada, ápice acuminado ou agudo, cunha marxe toscamente dentado e envés tomentoso a pubescente (polo menos ao longo dos nervios). As inflorescencia masculinas son amentos (candeas) de 10–20 cm, coas flores femininas usualmente na base, en número de 2-3 por involucro. O froito é unha cúpula densamente cuberta de espiños bi-trifidas, pubescentes de 1,2–2 cm de longo; dita cúpula mide 4–8 cm por 4,5–5 cm, con dous ou tres aquenios de cor marrón brillante, que teñen 2–3 cm de diámetro, rara vez menos, xeralmente máis largos ca altos.

Distribución e hábitat É unha especie nativa da China. Medra desde o nivel do mar até altitudes de 2.800 m. Prefire pleno sol así coma solos acedos e arxilosos; florea de abril a xullo e frutifica en agosto-outubro. Tamén na India, Sikkim, Corea e TaiwánFlora of China: Castanea mollissimaFlora of Taiwan: Castanea mollissima

Enfermidades Os castiñeiros chineses conviviron durante un longo período de tempo coa doenza fúnxica da casca coñecida coma cancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), e desenvolveron unha resistencia exitosa á praga, probabelmente máis que calquera outra especie de castiñeiro, polo que, aínda que non é inmune, polo xeral non adquire senón danos de menor importancia cando se infectan.

En América do Norte cruzáronse castiñeiros da China con castiñeiros americanos para tratar de maximizar diversos riscos desxeábeis do castiñeiro americano, tales como maior talle, maior tamaño da folla, maior tamaño e dozura da noz, e ao mesmo tempo illar e chegar á resistencia do fungo do castiñeiro da China.FAO: Chestnut blight

Usos e cultivo miniatura|Castañas chinesas á venda no Xapón. As noces son comestíbeis, e a árbore cultívase extensamente no leste de Asia, e moi particularmente na China.

Máis de 300 cultivares teñen sido seleccionados para a produción, repartidos en grupos rexionais: norte, val do río Yangtsé, Sichuan e Guizhou, no sur e suroeste.

Ademais, a castaña "Dandong" -do grupo de Castanea crenata- é un cultivo importante na provincia de Liaoning.Economic forest trees .

Algúns cultivares, como "Kuling","Meiling", e "Nanking", teñen grandes noces de até 4 cm de diámetro.

As noces son doces, e son consideradas por algúns como as castañas de mellor sabor,Biodiversity of China: Economic forest trees aínda que outros afirman que non son tan boas como as castañas americanas.Castanea mollissima: Chines chestnut . By Edward F. Gilman and Dennis G. Watson. This is one of a series of documents from the Environmental Horticulture Department, Florida Cooperative Extension Service, Institute of Food and Agricultural Sciences, University of Florida. Original publication date November 1993. Revised December 2006.

No Vietnam, a castaña chinesa (vietnamita: hạt dẻ, tailandés: mác lịch) que se cultiva no distrito de Trùng Khánh, a provincia de Cao Bằng ten a máis alta calidade con 3,3-5,4% de glicosa, 36 - 46,47% de glícidos, 1,16 - 2% de lípidos, 3,12 - 3,62% de proteína.

As noces tamén son unha fonte importante de alimentos para a fauna.

Árbores senlleiras en Galiza Os castiñeiros do China e algúns castiñeiros do Xapón do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Taxonomía Castanea mollissima foi descrita por Carl Ludwig Blume en 1850. Etimoloxía Castanea: nome xenérico que deriva do grego χάστανον e despois o latín castănĕa, -ae, nome do castiñeiro e da castaña (Virxilio, Bucolicas,1, 82), esta última tamén chamada castanea nux (Virxilio, Bucolicas, 2, 52), a noz do castiñeiro.Gaffiot F., Dictionnaire Latin-Français, p. 271, Hachette, Paris, 1934 Tamén podería derivar de Castanaea, -ae ou Castana, -ae, cidade de Asia Menor ou, segundo outros, do nome armenio desta árbore. mollissima: epíteto latino: mol.

Sinonimia Castanea bungeana Blume Castanea duclouxii Dode Castanea formosana (Hayata) Hayata Castanea hupehensis Dode Castanea mollissima var. pendula X.Y.Zhou & Z.D.Zhou Castanea sativa var. bungeana (Blume) Pamp. Castanea sativa var. formosana Hayata Castanea sativa var. intermedia Pamp. Castanea sativa var. mollissima (Blume) Pamp. Castanea sinensis Perr. Castanea vulgaris var. yunnanensis Fr.Castanea molissima en The Plant Lit - A working list of all plant species, 2013 Híbridos Híbrida de xeito doado, coma todos os castiñeiros con Castanea crenata (castiñeiro do Xapón), Castanea dentata (castiñeiro americano) e Castaña sativa (castiñeiro europeo).Sisco, P. H., et al. An Improved Genetic Map for Castanea mollissima / Castanea dentata and its Relationship to the Genetic Map of Castanea sativa. Acta Hort. 693. Abstract.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das fagáceas Castiñeiro Castiñeiro do Xapón

Categoría:Castanea Categoría:Oleaxinosas Categoría:Castaña Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1850