A superfamilia Ras é unha superfamilia proteica de pequenas GTPases, as cales están todas relacionadas en maior ou menor grao coa subfamilia Ras (cuxos membros principais en humanos son KRAS, NRAS, e HRAS).
Na superfamilia Ras hai máis de cen proteínas. Baseándose na estrutura, secuencia e función, a superfamilia Ras divídese en nove familias principais, cada unha das cales á súa vez se divide en subfamilias, que son: Ras, Rad, Rab, Rap, Ran, Rho, Rheb, Rit, e Arf. Outro membro recente da superfamilia é Miro.
Cada subfamilia comparte un dominio G central común, que proporciona a actividade esencial de GTPase e intercambio de nucleótidos.
A secuencia que o rodea axuda a determinar a especficidade funcional das pequenas GTPases, por exemplo o 'bucle de inseción' común na subfamilia Rho, contribúe especificamente á unión de proteínas efectoras como IQGAP e WASP.
En xeral, a superfamilia Ras é a responsable da proliferación celular: Rho da morfoloxía celular, Ran do transporte nuclear, e Rab e Arf do transporte de vesículas.
Subfamilias e membros A seguinte é unha lista de proteínas humanas da superfamilia Ras:
+Resumo xeral Subfamilia Función Membros Ras proliferación celular DIRAS1; DIRAS2; DIRAS3; ERAS; GEM; HRAS; KRAS; MRAS; NKIRAS1; NKIRAS2; NRAS; RALA; RALB; RAP1A; RAP1B; RAP2A; RAP2B; RAP2C; RASD1; RASD2; RASL10A; RASL10B; RASL11A; RASL11B; RASL12; REM1; REM2; RERG; RERGL; RRAD; RRAS; RRAS2 Rho morfoloxía/dinámica do citoesqueleto RHOA; RHOB; RHOBTB1; RHOBTB2; RHOBTB3; RHOC; RHOD; RHOF; RHOG; RHOH; RHOJ; RHOQ; RHOU; RHOV; RND1; RND2; RND3; RAC1; RAC2; RAC3; CDC42 Rab tráfico de membranas RAB1A; RAB1B; RAB2; RAB3A; RAB3B; RAB3C; RAB3D; RAB4A; RAB4B; RAB5A; RAB5B; RAB5C; RAB6A; RAB6B; RAB6C; RAB7A; RAB7B; RAB7L1; RAB8A; RAB8B; RAB9; RAB9B; RABL2A; RABL2B; RABL4; RAB10; RAB11A; RAB11B; RAB12; RAB13; RAB14; RAB15; RAB17; RAB18; RAB19; RAB20; RAB21; RAB22A; RAB23; RAB24; RAB25; RAB26; RAB27A; RAB27B; RAB28; RAB2B; RAB30; RAB31; RAB32; RAB33A; RAB33B; RAB34; RAB35; RAB36; RAB37; RAB38; RAB39; RAB39B; RAB40A; RAB40AL; RAB40B; RAB40C; RAB41; RAB42; RAB43 Rap Adhesión celular RAP1A; RAP1B; RAP2A; RAP2B; RAP2C Arf transporte vesicular ARF1; ARF3; ARF4; ARF5; ARF6; ARL1; ARL2; ARL3; ARL4; ARL5; ARL5C; ARL6; ARL7; ARL8; ARL9; ARL10A; ARL10B; ARL10C; ARL11; ARL13A; ARL13B; ARL14; ARL15; ARL16; ARL17; TRIM23, ARL4D; ARFRP1; ARL13B Ran transporte nuclear RAN Rheb Vía mTOR RHEB; RHEBL1 RGK RRAD; GEM; REM; REM2 Rit RIT1; RIT2 Miro transporte mitocondrial RHOT1; RHOT2
Non clasificados:
ARHGAP5 DNAJC27 GRLF1 RASEF
Notas
Véxase tamén Outros artigos Subfamilia Ras
Categoría:Proteínas