A Sinfonía Nº 29 en La Maior, K. 201/186a, comezada por Wolfgang Amadeus Mozart a principios de 1774 e rematada o 6 de abril de 1774.Na partitura autógrafa, Mozart borrou a data de composición que outras fontes axudaron a identificar. ISMN M-006-20466-3 É, xunto coa Sinfonía Nº 25, unha das súas sinfonías temperás máis coñecidas. Stanley Sadie defínea como "un punto de referencia ... persoal no ton, en realidade quizais máis individual na súa combinación dun estilo de música de cámara íntimo cun xeito aínda ardente e impulsivo".Stanley Sadie, The New Grove Mozart. New York, W. W. Norton & Company, 1983. ISBN 0-393-30084-6. p. 41.

É unha das últimas sinfonías das denominadas "Salzburguesas" (é dicir, as compostas en serie en Salzburgo entre 1770 e 1774) de Wolfgang Amadeus Mozart. Composta a principios de 1774, sepárase do style galant das outras sinfonías desta época (as sinfonías 24, 26, 27 e 28).

Estrutura

A obra está composta en catro movementos e ten unha duración aproximada de entre 25 e 30 minutos.

Allegro moderato O primeiro movemento da sinfonía é unha forma sonata, cun tema principal elegante caracterizado polos saltos de oitava e pasaxes ambiciosos de trompa. Está escrito en compás de 2/2 e ten unha extensión de 206 compases. Andante O segundo movemento, tamén en forma sonata, está escrito para cordas con xordina e ten un uso limitado dos ventos. Está escrito en compás de 2/4 e a súa extensión é de 109 compases. Menuetto (Allegretto – Trio) O terceiro tempo é un minuet caracterizado por ritmos punteados nerviosos e frases staccato; o trío ofrece un contraste máis elegante. Escrito en compás de 3/4, a súa extensión é de 32+22 compases. Allegro con spirito O enérxico último movemento, outra forma sonata en compás de 6/8, conecta co primeiro movemento cos seus saltos de oitava no tema principal. Ten unha extensión de 187 compases.

Orquestración A orquestra empregada é a típica das sinfonías do primeiro período de Mozart, e está integrada por:

Instrumentación da Sinfonía Nº 29 |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 2 óboesMetais |- | | 2 trompas en la |- | bgcolor="#FFECB2"|Cordas Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos

Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Sinfonía Nº 29 en La Maior K. 201, score e edición crítica en Neue Mozart-Ausgabe BBC Discovering Music, and audio of that program (1 hour)

29 Categoría:Composicións musicais de 1774