Daisy (Daisy Duck no orixinal en inglés), é unha das personaxes de banda deseñada e debuxos animados da Disney. Foi creada como a namorada do Pato Donald, e apareceu por primeira vez na historieta Mr. Duck Steps Out en 1940.

Daisy fala en galego no filme de 1988: Quen enganou a Roger Rabbit?.

Daisy ten o temperamento de Donald, mais ten un gran control sobre este, e tende a ser máis sofisticada que o seu namorado. Ela xeralmente non usa pantalóns nin vestido. Amósase xeralmente a súa grande afinidade con Donald.

Daisy substitúe (ou, segundo algunhas fontes, representa unha forma posterior de) un interese amoroso antigo chamada Donna Duck, que apareceu por vez primeira nos debuxos animados Don Donald en 1937. Nunha tira de 1951, Donna volveu, por continuidade retroactiva como unha parrula mexicana, que funcionaba coma rival de Daisy para facer as beiras de Donald.

Daisy é a tía das trixéminas April, May e June (coñecidas en Galicia cos nomes casteláns: Abril, Mayo e Junio), que serven como contraparte de Huey, Dewey, e Louie (coñecidos en Galicia cos nomes casteláns: Juanito, Jorgito e Jaimito), os sobriños de Donald.

Nalgunhas aparicións, Daisy preséntase coma amiga íntima de Minnie Mouse.

Ademais dos debuxos animados, Daisy é unha personaxe habitual na banda deseñada nos cómics do Pato Donald. Tivo incluso as súas propias historietas.

Tódalas curtametraxes Don Donald(1937) Mr.Ducks Steps Out (1940) A Good Time For A Dime (1941) The Nifty Nineties (1941) Donalds Crime (1945) Cured Duck (1945) Donalds Double Trouble (1946) Dumb Bell of the Yukon (1946) Sleppy Time Donald (1947) Donald Dilemma (1947) Donald Dream Voice (1948) Crazy Over Daisy (1950) Donald Diary (1954)

Tódolos filmes Mickey's Christmas Carol (1983) Mickey Mouse Works House of Mouse Mickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers Mickey's Once Upon a Christmas Mickey's Twice Upon a Christmas Quen enganou a Roger Rabbit? Versión dobrada a galego (1988) Mickey's House of Villains

Series infantís Mickey Mouse Clubhouse Mickey Mouse (serie de televisión)

Actrices de dobraxe Gloria BlondellKath SoucieTress MacNeilleClarence NashRuth CliffordJune ForayPatricia ParrisTony AnselmoDiane Michelle

Véxase tamén Outros artigos Pato Donald Ligazóns externas Esquiloscans: Daisy Inducks Imaxes de Daisy na Galería de personaxes Capas das edicións de Daisy no Brasil (banda deseñada)

Categoría:Personaxes de Disney Categoría:Debuxos animados Categoría:Personaxes da banda deseñada