O Anuario Brigantino é unha publicación anual editada polo concello de Betanzos dende 1948. A revista está ligada ao Museo das Mariñas.
Historia e características Fundado por Francisco Vales Villamarín en 1948. Revista de investigación histórica, artística, literaria e antropolóxica de ámbito galego aínda que centrada especialmente na temática betanceira. Conta tamén cunha recompilación dos acontecementos do ano e coas memorias de actividades das diferentes asociacións locais.
O Anuario Brigantino é unha das publicacións incluída na categoría C-Normal segundo valoración do Ministerio de Cultura de España integrada na base de datos ISOC de Ciencias Sociais e Humanidades, clasificada pola UNESCO. Os seus artigos son seguidos nas bases de dados do CSIC e consta na categoría D de Ciencias Sociais e na C de Ciencias Humanas para a Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC). miniatura|esquerda|Revista dos Xogos Froraes publicada en 1918. Números O Anuario Brigantino publicouse por primeira vez en 1948, dende entón teñen saído máis de corenta números. Todo o contido da revista está accesible en liñas, en repositorios como Dialnet
Os primeiros números, dirixidos por Francisco Vales Villamarín estaban directamente ligados á revista dos Xogos Froraes publicada en 1918, organizados polas Irmandades da Fala. Despois dos números de 1948 e 1949 non se publicou en 1950, retomándose en 1951 e deixándose de publicar novamente durante trinta anos.
En 1981 retomouse a publicación, da man do mesmo director, ata a chegada de Alfredo Erias ao Museo das Mariñas en 1983, encargándose entón da súa edición ata o ano 2020 no que se xubilou. O número 44, relativo ao ano 2021, xa foi dirixido polo novo director do Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1948 en Galicia