miniatura|dereita|250px|Monicreque de Kermit the Frog. miniatura|250px|Estrela de Kermit en Hollywood Blvd. Kermit the Frog (coñecida coma a Ra Gustavo en Galicia, pola versión castelá dos programas Sesame Street (Barrio Sésamo) e The Muppet Show (Los Teleñecos) emitidos nos anos oitenta do século XX) é un personaxe ficticio ideado polo creador de monicreques e produtor de televisión Jim Henson en 1955. Kermit é o personaxe central e presentador do show británico-americano The Muppet Show e tamén inclúe aparicións frecuentes en Sesame Street.

Desenvolvemento do personaxe Kermit aparece por vez primeira o 9 de maio de 1955 no show, Sam and Friends. Kermit aparece coma un monicreque caseiro e abstracto cun par de patas redondas e sen o seu distintivo colar, asemellándose máis á aparencia dun lagarto. O prototipo orixinal de Kermit foi fabricado cun abrigo feminino cor turquesa da nai de Henson e unha pelota de ping pong dividida á metade.Jim Henson Entrevista de Judy Harris a Jim Henson (21-setembro-1982); infromación en Bestweb.net

Kermit establece a súa aparencia actual durante a filmación do especial de TV "Hey, Cinderella" en 1968 aínda que o especial estreouse en 1969; Kermit altera por completo a súa aparencia, incluíndoselle aletas e un colar; é por vez primeira identificado coma unha ra.

Nome Seica o nome de Kermit baséase no nome dun coñecido da infancia de Jim Henson, Kermit Scott. Malia a crenza popular, Jim Henson nega que o nome de Kermit se deba a Kermit Scott, senón que Kermit era un nome moi común no século XX.

O nome oficial do personaxe é Kermit the Frog, mais por mor da internalización de The Muppets e Sesame Street (coas súas diferentes adaptacións en diferentes países), Kermit foi renomeado decote. No Brasil, Kermit é chamado Caco o Sapo. En Portugal, Kermit é chamado Cocas o Sapo. Na meirande parte de América Latina, Kermit é chamado Rana René. En España, é chamado Rana Gustavo. No lanzamento de The Muppets (2011), Walt Disney Pictures introduciu o nome Kermit para todas as versións e mercados internacionais.

Voz Jim Henson (1955–1990)Steve Whitmire (1990–presente)Artie Esposito (Suplente, 2009)John Kennedy (MuppetFest 2001, Disney Cruise Line, 2006) Frank Welker (Muppet Babies e outras animacións)

Filmografía Emmet Otter's Jug Band Christmas (1977) (TV) The Muppet Movie (1979) The Great Muppet Caper (1981) The Muppets Take Manhattan (1984) A Muppet Family Christmas (1987) (TV) The Muppets at Walt Disney World (1990) (TV) The Muppet Christmas Carol (1992) Muppet Treasure Island (1996) Muppets from Space (1999) Kermit's Swamp Years (2002) (Vídeo) It's a Very Merry Muppet Christmas Movie (2002) (TV) Mago de Oz de los Muppets (2005) (TV) The Muppets (filme) (2011) los Muppets 2014 (TV)

Ademais apareceu en programas estadounidenses como Sesame Street (1969-2001,2009), The Muppet Show (1976-1981), The Tonight Show (1979), Especial de ABC News (1987), Larry King Live (1994), Muppets Tonight (1996-1998), Who Wants to be a Millionaire (2000), Hollywood Squares (2001), The Daily Show with Jon Stewart (2001), Extreme Over: Home Edition (2006), American Idol (2006), Good Morning America (2006) e ingleses como I Love the 70´s (2000). Incluso fixo anuncios comerciais para BMW, Ford, Pizza Hut e UPS. En 2008 el e os Muppets apareceron nos dous especiais de Disney Channel, Studio DC Almost Live onde os Muppets fixeron sketches e números musicais coas estrelas da canle como Good Luck Charlie e So Random!.

Notas

Véxase tamén Outros artigos The Muppets Miss Piggy Coco (personaxe) Sesame Street

Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Personaxes da televisión Categoría:Personaxes de cinema Categoría:The Muppets Categoría:Sesame Street Categoría:Disney Categoría:Personaxes de Disney