O Aeroporto de Frankfurt–Hahn (en alemán: Flughafen Frankfurt–Hahn) é un aeroporto internacional situado a 10 km da vila de Kirchberg e 2 km de Simmern, no distrito de Rhein-Hunsrück do estado de Renania-Palatinado, no oeste de Alemaña.

A pesar do seu nome, o aeroporto atópase practicamente equidistante entre Frankfurt e Luxemburgo (a uns 120 km a cada cidade por estrada). Está máis preto das cidades alemás de Koblenz (sobre 70 quilómetros) e Maguncia (sobre 90 quilómetros). O engadido de Frankfurt ao seu nome non é unha invención das compañías de baixo custo como é o caso doutros aeroportos, Frankfurt–Hahn é o nome oficial do aeroporto.

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do aeroporto

Frankfurt Hahn